UNIDADE 8 As primeiras civilizacións: MESOPOTAMIA E EXIPTO(Tema 10 do libro)

PALABRAS CLAVE

Mesopotamia- excedente- leis-impostos-intercambio cultural-faraón-funcionario-labrego-sacerdote-escravo-astronomía-arxila-incisión-cuneiforme-pictográfica-ideográfica-alfabeto-fenicios-escriba-awilum-muskhenum-wardu-Anu-cigurats-Gilgamesh-Código de Hammurabi-exvoto-relevo-Gudea de Lagash

Os Sumerios, os primeiros pobos de MESOPOTAMIA

O Poema de Gilgamesh

Exercicios sobre Mesopotamia

Unidade 10 As primeiras civilizacións/Mesopotamia

1. Define os seguintes conceptos.

MESOPOTAMIA

CIDADES ESTADO

ESCRIBAS

2. Fai unha pirámide de poboación mesopotámica, lembra empregar un triángulo.

3. Ordena cronoloxicamente os imperios mesopotámicos. Fai un eixe cronolóxico.

Persa/Babilónico/Acadio/Sumerio/Asirio

EXIPTO, O país do Nilo

Exercicios sobre Exipto

1. Relaciona os seguintes conceptos coa súa descrición correspondente.

Desheret/   Alto Exipto/   Civilización exipcia/   Baixo Exipto/   Kemet

Terra negra, moi fértil para a agricultura.

Localizado ao norte, xunto á desembocadura do Nilo.

Foi unha das civilizacións máis importantes da Antigüidade.

Situado ao sur. Trátase dun estreito val fluvial.

Terra vermella, propia dos terreos áridos do deserto.

2. Contesta a seguinte pregunta: Por que o ritmo de vida en Exipto estaba marcado polo río Nilo?


3. Completa as oracións.

a. Os labregos eran ....................., é dicir, vivían dos produtos que obtiñan co seu traballo. Destacaba o ................................., cos que se facía pan. Tamén tiñan ................................., dos que obtiñan ovos, leite, carne e peles.

b. Os labregos exipcios vivían en ....................., nas que se intercambiaban produtos mediante o ....................., posto que non había ......................

c. A maior parte da terra era propiedade do ....................., e os labregos que as traballaban tiñan que pagar un ................................. tras a colleita.

4. Indica o nome dos oficios de Exipto relacionados co proceso de elaboración do pan. Explicaos.


O Faraón TUTANKAMÓN - A MALDICIÓN DE TUTANKAMON

 O LIBRO DOS MORTOS

O PROCESO DE MOMIFICACIÓN DOS EXIPCIOS

Vasos canopos

British  Museum

Que símbolos Exipcios atopades no corto?


Ola chicos e chicas!

Para rematar esta unidade neste link:  https://www.disciplinasastrales.com.ar/tarot/cartucho/cartuch.htm  podedes escribir o voso nome en exipcio e despois imprimilo e pegalo na vosa libreta, levaredes 0,3 positivos que contabilizarán para a nota final deste tema.

Na seguinte páxina da libreta podedes realizar un eixe cronolóxico de Mesopotamia e Exipto nun A3 (en dúas páxinas da libreta) que subirá 0,2 positivos na nota final deste tema.

Os positivos sumaránse directamente na nota do exame. Así teredes unha axudiña extra na nota final