UNIDADE 6 A ECONOMÍA DE ESPAÑA

SPAIN      IS DIFFERENT

Este título é un eslogan que se realizou para vender a marca ESPAÑA, cando? quen? como?

Baixo que mandato ministerial se lanzou esta campaña? En que ano? Quen gobernaba?

Recollía este eslogan a verdadeira esencia da multiculturalidade que existe en España?

Todas os territorios españois tiñan a mesma difusión ou algúns eran potenciados mentres que outros eran esquencidos?

Investiga outros esloganes que se levaran a cabo en campañas para promocionar o noso País. 

A economía española é unha das máis grandes do mundo

Aínda que existen desequilibrios a nivel nacional, dunhas Comunidades Autónomas a outras.

Visualizando as relacións económicas globais:

https://viz.ged-project.de/

SPANISH TURISMO

Podes buscar outros símbolos do turismo en España?

Unidade 6 A economía española

As desigualdades territoriais en España

Segundo a EPA, as taxas de paro por comunidades autónomas no mes de xuño do ano 2015 eran as seguintes:

Andalucía: 31 % / Aragón: 17 % / Asturias: 20,2 % / Cantabria: 18,2 % / Ceuta: 24,6 % / Castela e León: 18,5 % / Castela-A Mancha: 27 % / Canarias: 30,3 % / Cataluña: 19,1 % Estremadura: 29,6 % / Galicia: 20 % / Illas Baleares: 16,5 % / Murcia: 24,8 % / Madrid: 17,7 % / Melilla: 36,4 % / Navarra: 12,6 % / País Vasco: 16 % / A Rioxa: 16,4 % / Comunidade Valenciana: 23 %

1. No mapa, colorea as comunidades autónomas segundo a seguinte lenda:

Entre 22,8 % - 27,8 %

Entre 12,6 % - 17,6 %

Entre 17,7 % - 22,7 %

Máis do 27,9 %


2. Responde as seguintes preguntas:

· Que comunidades autónomas teñen as taxas máis baixas de paro?

· Cales teñen as taxas de paro máis elevadas?

· Busca información sobre a porcentaxe de poboación desempregada da túa comunidade autónoma por sectores económicos.

· Que consecuencias teñen para a poboación unhas altas taxas de desemprego?

TURISMO E GASTRONOMÍA

1.- Realiza un informe sobre a relación de destinos turísticos de toda a xeografía española coa oferta gastronómica de cada un deles. Fai especial referencia aos produtos de denominación de orixe.


VIVAMOS COMO GALEGOS, O IMPACTO DUNHA IDENTIDADE
A IDENTIDADE COMO RECLAMO PUBLICITARIO

Preguntas tipo

1. Escribe verdadeiro ou falso.

  • En España, a construción dá traballo ao 12% da poboación activa.
  • España comezou tarde a Revolución Industrial, aínda que a mediados do século xx este atraso se compensou en parte.
  • España, a diferenza do resto de países desenvolvidos, non iniciou o proceso de terciarización económica.
  • A partir dos anos 60 o turismo popularizouse en España debido ao desenvolvemento do tecido empresarial turístico.

2. Que características presenta o sistema de transporte en España?

3. Escribe verdadeiro ou falso.

a) O turismo de sol e praia é o principal obxectivo do turismo internacional e nacional durante todo o ano.

b) A consolidación do Estado do benestar e o aumento do nivel de vida da poboación contribúen á terciarización da economía española.

c) O turismo ten grande importancia para a economía española, xa que xera moitos postos de traballo, permanentes e con boas condicións laborais.

d) O turismo rural inclúe variedades como o agroturismo, o ecoturismo ou a práctica de deportes na natureza.

4. Enumera as causas da modernización da economía española.

5. Que procesos permitiron que a capacidade produtiva do sector primario aumentase nos últimos anos?

6. Por que se considera que España é unha potencia turística mundial?

7. Enumera as características da gandaría en España.

8. Que desequilibrios presenta a economía española?

9. Que características presenta o sector da construción en España?

10. Cales son as características do comercio interior en España?

1. Distingue os catro tipos básicos de actividades terciarias atendendo ao uso que se destinan:

2. Completa o seguinte cadro sobre as diferentes formas comerciais.

DESCRICIÓN

EXEMPLOS DO TEU CONTORNO

Centros comerciais

Parques comerciais

Pequeno comercio

Franquías

Hipermercados

3. Contesta as seguintes preguntas sobre os medios de transporte.

  • Que vantaxes ofrece nas cidades o transporte público fronte ao privado?
  • Que se entende por transporte intermodal?
  • En que se especializou actualmente o transporte marítimo?
  • Cal é o medio máis utilizado para o transporte de pasaxeiros a longa distancia? Por que?

4. Contesta as seguintes cuestións relacionadas co turismo.

  • A que chamamos turismo de masa?
  • Que factores impulsan o desenvolvemento do turismo?
  • Cales son os atractivos que fan que certas zonas teñan máis éxito turístico?