UNIDADE 2     FRENCH REVOLUTION

QUE TEDES QUE SABER ?

 XHB2.1.1. Sopesar as razóns dos revolucionarios para actuar como o fixeron.

 XHB2.1.2. Recoñecer, mediante a análise de fontes de diversas épocas, o valor destas non só como información senón tamén como evidencia para os/as historiadores/as.

 XHB2.2.1. Redactar    unha narrativa sintética cos principais feitos dalgunha das revolucións burguesas do século XVIII e da primeira metade do século XIX, acudindo a explicacións causais, e sinala os proles e os contras.

 XHB2.2.3. Discutir as implicacións da violencia empregando diversos tipos de fontes.


PALABRAS CLAVE

Revolución americana / Independencia das Colonias / Conflito dos impostos /Paz de Versalles/ Tea Acts/ Motín do Té de Boston/ Declaración de Independencia.

Antigo Réxime/ Estados Xerais/ 3-er Estado/ Cadernos de queixas 

Asemblea Nacional / Asemblea Constituínte / Bastilla

Decreto de abolición dos dereitos feudais/ sufraxio censitario /Asemblea Lexislativa / Moderados

Convención Nacional/ Xirondinos (republicanos moderados)/Xacobinos (republicanos radicais-montañeses)

Primeira Coalición (absolutismo) /La Vendée

Tribunal Revolucionario/ Comité de Salvación Pública/ Lei de sospeitosos

Directorio/ Revolta de Vendimiario/ Segunda Coalición (absolutismo)

Golpe de Estado do 18 de Brumario

Restauración

Onda revolucionaria (1820-1848)

Nacionalismos -Unificadores (Italia/Alemania)-Disgregadores (Bélxica/Grecia)


Actividade motivacional.

 Investigando dende Lady Gaga "Principais sucesos da revolución francesa"

CONCEPTOS CLAVE

Monarquía Absoluta

Luís XIV

O Palacio de Versailles (PARÍS)

Antecedentes da revolución francesaLuís XVI Maria Antonieta (Trailer) nesta película podedes ver como vivían os monarcas franceses mentras o pobo morría de fame.

Desencadeantes previos a revolución. 

CAUSAS

Ishikawa

ETAPAS DE LA REVOLUCIÓN FRANCESA

PREGUNTAS TIPO EXAME

PROBA 1

1.· Quen era Robespierre? A que chamamos "terror"? 

Explica coas túas palabras. 

• Que foi o sistema da Restauración? Onde e cando se levou a cabo?

• En que consistiu a Santa Alianza?

• Quen eran os afrancesados españois?

• Quen eran os fernandinos?

• Que foi o Consulado?

Anota a etapa que se identifica con estes feitos da Revolución francesa. 

- Momento no que os sans culottes sefan co poder: __________

- O pobo asalta a fortaleza da Bastilla: ___________

- Persecución de líderes e partidarios xacobinos: _________

- Goberno colexiado para evitar ditaduras como a de Robespierre, formado por tres persoas: _________

- Execución do rei, nobres e persoas opostas aos xacobinos: _________

- Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán: ______

4. Explica a que etapa da revolución francesa (Asemblea Nacional, Asemblea Constituínte, Convención Xirondina, Convención Xacobina, Directorio, Consulado e Imperio) pertencen os seguintes acontecementos. 

* Constitución civil del clero

* Constitución de 1971

* Toma da Bastilla

* Robespierre toma o poder

* Asesinato de Marat

* Napoleón emperador

* Código de Napoleón

* Lema da revolución francesa: Libertad, Igualdade e fraternidade

* Declaración de Dereitos do home e do cidadán

* Goberno de 5 membros

5. Explica a diferenza entre sufraxio universal, sufraxio censitario. Explica que eran os Estados Xerais e que tipo de voto podían exercer. Quen saía perxudicado desa votación? Por que? 

6. Explica as principais causas da Revolución francesa.

7. Redacción sobre a Guerra da Independencia Americana.

8. Texto

"Aquí el pobre no tiene derecho a encender el fuego en su choza para ponerse al abrigo del frío, si no lo compra bien caro al señor, por una contribución descontada de sus medios de subsistencia y los de su familia. Este derecho inhumano existe en Broues bajo el nombre de derecho de fuego. Allí el agricultor no tiene ni siquiera el derecho de alimentar su ganado con la hierba que crece en su campo; si la toca, se le denuncia y castiga con una multa que lo arruina, y el ejercicio más legítimo de los derechos de su propiedad está subordinado a la voluntad arbitraria del señor, que tiene la pretensión al derecho universal sobre todos los pastos del territorio. Se deben abolir todos los derechos de los señores (...)."Extracto de "Los Cuadernos de Quejas".

8.1 Que era un caderno de Queixas?

8.2 Cales eran as condicións do TERCEIRO ESTADO antes da revolución francesa?

8.3 Que significa a frase "Se deben abolir todos os dereitos dos señores?" De quen eran propiedade as terras? Quen ou quenes tiñan privilexios?

8.4 Quen gobernaba en Francia no comezo da Revolución francesa?

8.5 Na túa opinión, os revolucionarios tiñan razón suficientes para o seu levantamento?

PROBA 2

1. Destes membros da sociedade indica cales pertencen ao terceiro Estado. Eran privilexiados ou non? Xustifica a túa resposta. 

gandeiros, clero, burgueses, oficiais do exército, comerciantes, agricultores, nobres, zapateiros, príncipes.

2. Explica quen era Esquilache, que conflito se desencadenou durante o seu goberno e que tivo que ver coa Orde relixiosa dos Xesuítas. 

3. Completa este texto. 

Ao longo do século ____ apareceu un movemento que pretendía _________ o ser humano co ________ e que se opoñía ao ______ ________. A súa sé inicial estivo en ______ e despois estendeuse polo resto de Europa. A este movemento chamóuselle __________ e o século xviii coñécese como "o século _______".

4. Distingue as afirmacións verdadeiras e as falsas. Corrixe as falsas. 

a) O liberalismo sostiña que a soberanía reside no pobo.

b) A fisiocracia sinalaba que a fonte principal de riqueza era o comercio.

c) Os principios liberais defendían o poder absoluto do monarca.

d) Adam Smith era o principal referente do liberalismo económico.

e) Os liberais defendían a división de poderes.

f) O liberalismo era compatible coa monarquía.

5. Explica que sucedeu a través desta data en España. Como chegou Filipe V ao poder, a quen apoiou a Coroa de Aragón e como se vengou o rei. 

1701-1713: O monarca, coroado como Filipe V, tivo que enfrontarse a unha guerra internacional para asegurar a Coroa española, chamada guerra de Sucesión.

6.Sinala que características das que se indican eran propias do Antigo Réxime.

a) Unha sociedade dividida en estamentos.

b) A primacía do sector servizos.

c) Un goberno parlamentario.

d) A mobilidade social.

e) Un poder absoluto do monarca.

f) Unha economía sustentada nas actividades agrarias.

g) O ascenso ao poder do terceiro estado.

h) A existencia dunha Constitución.

i) A autoridade dos mestres antigos.

7. Texto 

"Un home, polo feito de ser nobre ou sacerdote, non está eximido do pago de determinadas contribucións; todos os impostos están regulamentados pola Cámara dos Comúns, que aínda sendo a segunda polo seu rango, é a primeira en importancia.

Os señores e os bispos poden rexeitar un proxecto de lei sobre impostos presentado polos Comúns, pero non poden modificalo; teñen que recibilo ou rexeitalo sen modificacións. Cando os lores aceptan o proxecto e o rei o aproba, todo o mundo ten que pagar. Cadaquén paga non segundo o seu rango (o cal é absurdo), senón segundo a súa renda; non existen nin tributos nin contribucións arbitrarias, senón un verdadeiro imposto sobre as terras, que foron avaliadas durante o reinado do famoso Guillerme III por baixo do seu prezo.

VOLTAIRE: Cartas filosóficas, "Novena carta: Sobre o goberno" (1733).

a) Resume brevemente o contido do texto.

b) O texto fala da existencia de dúas cámaras. De que sistema de goberno fala? Era unha Democracia completa?

c) Voltaire neste texto está dacordo coa estrutura da sociedade do Antigo Réxime?

8. Fai unha redacción sobre a Ilustración e como houbo avances na ciencia a través do autor que traballaches nos vasos comunicantes.

PROBA 3

1. Clasifica segundo pertenzan ao grupo dos privilexiados ou ao terceiro estado. 

gandeiros, clero, burgueses, oficiais do exército, comerciantes, agricultores, nobres, zapateiros, príncipes.

2. Cita e clasifica 5 personaxes segundo fosen defensores do Antigo Réxime ou partidarios da Ilustración. (Tes que ter polo menos dous de cada) 

3. Completa este texto. 

Ao longo do século ____ apareceu un movemento que pretendía _________ o ser humano co ________ e que se opoñía ao ______ ________. A súa sé inicial estivo en ______ e despois estendeuse polo resto de Europa. A este movemento chamóuselle __________ e o século xviii coñécese como "o século _______".

4. Distingue as afirmacións verdadeiras e as falsas. Corrixe as falsas.

a) O liberalismo sostiña que a soberanía reside no pobo.

b) A fisiocracia sinalaba que a fonte principal de riqueza era o comercio.

c) Os principios liberais defendían o poder absoluto do monarca.

d) Adam Smith era o principal referente do liberalismo económico.

e) Os liberais defendían a división de poderes.

f) O liberalismo era compatible coa monarquía.

5. Con que tipo réxime identificas este texto? Explica todo o que saibas del xustificando a túa resposta. 

«[...] unicamente ao príncipe lle incumbe velar polo benestar do pobo: a el competen os decretos e as ordenanzas.»

6. Explica que sucedeu a través desta data en España. E como se solucionou o conflito. Indica como inflúe no goberno de hoxe en día este acontecemento.

1700: Morte do último monarca da casa de Austria, Carlos II, sen descendencia.

7.Sinala que características das que se indican eran propias do Antigo Réxime.

a) A primacía do sector servizos.

b) Unha sociedade dividida en estamentos.

c) Un goberno parlamentario.

d) Un poder absoluto do monarca.

e) A mobilidade social.

f) Unha economía sustentada nas actividades agrarias.

g) O ascenso ao poder do terceiro estado.

h) A existencia dunha Constitución.

i) A autoridade dos mestres antigos.

8. Responde as seguintes preguntas sobre este texto de Rousseau. 

"O principio fundamental de toda moral (...) é que o home é un ser naturalmente bo, que ama a xustiza e a orde; que non existe perversidade orixinal no corazón humano e que os instintos primarios da natureza son sempre xustos (...). Mostrei a maneira en que aqueles se xestan e seguín, por así dicilo, a súa xenealoxía, e demostrei como os homes se converten facilmente no que son pola alteración sucesiva da súa bondade orixinal."

ROUSSEAU, Jean-Jacques: Carta a Beaumont.

a) Que entende o autor por bondade natural?

b) Que outra obra de Rousseau coñeces?

c) Cita algún outro ilustrado que plantexe reformas liberais na política, explica a súa teoría.