UNIDADE 5 PERDIDOS NO UNIVERSO

Vídeo Cal é o sentido da vida?


E ti que pensas? Fai unha redacción argumentando a túa teoría.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE. Que tedes que saber ao rematar a unidade.

 FIB5.1.1. Define e utiliza conceptos como metafísica, realidade, pregunta radical, esencia, natureza, cosmos, caos, creación, finalismo, continxente, mecanicismo e determinismo.

 FIB5.1.2. Define o que é a metafísica, o seu obxecto de coñecemento e o seu modo característico de preguntar sobre a realidade.

 FIB5.2.1. Expresa as dúas posibles respostas á pregunta pola orixe do Universo (é eterno ou foi creado), e expón as súas reflexións sobre as implicacións relixiosas e filosóficas de ambas as dúas.

 FIB5.2.2. Expón as dúas posturas sobre a cuestión acerca de se o Universo ten unha finalidade, unha dirección, ou se non a ten, e argumenta filosoficamente a súa opinión ao respecto.

 FIB5.2.3. Analiza textos cuxo punto de reflexión é a realidade física que nos rodea e os interrogantes filosóficos que suscita.

 FIB5.3.1. Define o que é o determinismo e o indeterminismo, no marco da reflexión sobre se existe unha orde no Universo rexida por leis.

 FIB5.4.1. Coñece as teses centrais do vitalismo de filósofos/as que reflexionan sobre a vida.

 FIB5.4.2. Analiza textos literarios, filosóficos e científicos que versan sobre temas metafísicos como a existencia, a morte, o devir histórico ou o lugar do individuo na realidade, e expón as súas propias reflexións ao respecto.

PALABRAS CLAVE

metafísica, realidade, pregunta radical, esencia, natureza, cosmos, caos, creación, finalismo, continxente, mecanicismo e determinismo. 

A TEORÍA DO CAOS 

e o efecto mariposa

DETERMINISMO VS LIBRE ALBEDRÍO

Está todo determinado?

© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar