CLUB DE DEBATE ESCOLAPIOS

HORARIO MÉRCORES DE 16:30 h a 17:30 h

Este horario pode variar no caso de participar nalgunha competición

PARTICIPACIÓN NO TORNEO DE DEBATE DA FUNDACIÓN BARRIÉ DE GALICIA CORUÑA

PARLAMENTO XOVE XUNTA DE GALICIA-SANTIAGO

Os alumnos interesados en participar no equipo de debate terán que cumplir os seguintes requisitos:

Matriculado en 1º, 2º, 3º/4º ESO.

Nota de máis dun 8 na materia de C. Sociais.

Non participar en ningún programa escolar ou deporte que poida impedir a asistencia a maioría das reunións tanto nas etapas previas de preparación como ás competicións.

Asistir ás reunións previas ao encontro. Ter en conta en todo momento as indicacións que se lle den ao respecto dado que a súa participación supón a representatividade do Centro, non se trata dun traballo individual senón que ten que saber formar parte dun equipo.

A non asistencia ás clases preparatorias fará que o alumno ou alumna perda o dereito de participación.

No caso de ter moitos candidatos a profesora pode inscribir dous equipos para o certame de 4 membros, sempre deixando claro que o criterio final de quen ou quenes participarán no certame é o do Departamento de Humanidades do Colexio PP. Escolapios de Monforte.

Torneo de Debate de Galicia Fundación Barrié

Edición 23-24

Edición 22-23

Equipo: Eva Beirán, Manuel López, Yanira y Lucía 

Edición 18-19

Participaron 4 alumnas de 3ºESO: María Sáez, Nerea Martínez, Ana Vázquez e Sofía Buitrón

Premio á mellor oradora: Sofía Buitrón de 3º A ESO

Edición 17-18

Os alumnos de 3º/4º participaron na novena edición do programa de debate Parlamento Xove da Xunta de Galicia. Ánxela Romero, María Quiroga, Jorge García e David López -Escolapios 1 / María López, Yoel Lamas, Claudia y Noa -Escolapios 2 coordinados polas profesoras Xulia Vega e Rosa Roca.

Escolapios 1 pasa á Final que se celebrará en Santiago de Compostela e terán como rival ao Colexio Filipense de Vilagarcía de Arousa. Datas: 4 de maio (horario de tarde) e 5 de maio (horario de mañá)

Tema:"A experiencia acumulada nun ano sabático pode ser de gran axuda para orientar os intereses académicos e laborais da xuventude europea antes de que inicien a súa etapa universitaria: ¿debería existir un plan de financiamento europeo destinado a tal fin?"

Sorte a todos!

Os alumnos de 3º/4º ESO participarán na novena edición do programa de debate Parlamento Xove da Xunta de Galicia.

Edición 16/17

Alumnos que participaron na oitava edición do Parlamento Xove: Yuri, Jorge, Aitana e Pablo.

© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar