
UNIDADE 3 AS ACTIVIDADES AGRARIAS

QUE TEÑO QUE SABER?
Estándares de aprendizaxe
XHB2.6.1. Sitúa no mapa as principais zonas cerealistas, como exemplo de recurso agrario no mundo, e as máis importantes masas forestais do mundo.
XHB2.6.2. Localiza e identifica nun mapa as principais zonas produtoras de minerais no mundo.
XHB2.6.3. Localiza e identifica nun mapa as principais zonas produtoras e consumidoras de enerxía no mundo.
XHB2.6.4. Identifica e nomea algunhas enerxías alternativas.
XHB2.7.1. Procura información sobre a sobreexplotación dos caladoiros de pesca, usando recursos impresos e dixitais.

PALABRAS CLAVE
ESPAZO RURAL
ELEMENTOS ABIÓTICOS, BIÓTICOS E ANTRÓPICOS
TIPOS DE PAISAXE: ABIÓTICA, BIÓTICA E ANTRÓPICA
A PAISAXE RURAL
FACTORES DETERMINANTES DA PAISAXE
1.-FACTORES FÍSICOS
Relevo
Clima
Solo
2.-FACTORES HUMANOS
Demografía
tecnoloxía
estrutura económica
estrutura política
SECTOR PRIMARIO
agricultura, gandairía, explotación forestal, pesca, minaría
No mundo rural tamén están outras actividades doutros sectores: pequena industria, artesanía, servizos á poboación, comercio e turismo.
RECURSOS NATURAIS
RENOVABLES
NON RENOVABLES
A AGRICULTURA
A GANDARÍA

Esta actividade baséase no crianza de animais. O seu obxectivo é aproveitar os diferentes recursos que poden proporcionarnos: alimento, téxtiles e forza do traballo.
SEGUNDO A EXPLOTACIÓN- Extensiva/Intensiva
EN FUNCIÓN DA MOBILIDADE DO GANDO-Nómade/Transhumante/sedentaria
SEGUNDO A ALIMENTACIÓN-Estabulada/Non estabulada/Semiestabulada
A GANDARÍA MODERNÍZASE
Mecanización das explotacións gandeiras o que produce: intensificación produtiva, redución da man de obra e desaparición dos sistemas tradicionais coma a transhumancia. Que empregaba VÍAS PECUARIAS (Camiños públicos).
As razas autóctonas dan paso as foráneas.
Das pequenas explotacións tradicionais pásase ás explotacións especializadas.
Actividade orientada á venda a mercados exteriores.
Incremento da produción cárnica co que mellorou a alimentación nos países desenvolvidos.
Problemas:
Uso de hormonas para crecemento do gando, fabricación de pensos de mala calidade, malas condicións de vida dos animais, extensión de enfermidades como o mal das vacas tolas ou a gripe aviaria.
A PESCA

A pesca consiste na captura de peixes e outros animais acuáticos para o seu consumo directo ou como materia prima para a industria.
MODALIDADES DE PESCA
Pesca continental- sobre augas doces.
Pesca mariña- en mares e océanos.
Pesca deportiva (ocio)
PESCA INDUSTRIAL- Faise sobre todo en augas mariñas e para comercializar as capturas.
Pesca de baixura- Lugares próximos á costa, embarcacións tradicionais, produto que se vende a diario nas lonxas e mercados locais.
Pesca de Altura- Lugares afastados do litoral, durante máis de 10 días, os barcos son medianos e saen en flotiñas, teñen que comezar o proceso de conservación do peixe en mar aberto.
Pesca de Grande Altura-Practicase a centos de millas da costa e en campañas que poden durar varios meses. Péscase en frotiñas compostas por varios barcos pesqueiros e un gran barco factoría que recolle a pesca do resto e comeza o proceso de conservación. Faise maioritariamente en augas mariñas.
EXPLOTACIÓN FORESTAL

O recurso máis importante é a madeira (fonte de enerxía, mobles ou papel), mais tamén outros como: caucho, cortiza,resinas.
A sobreexplotación dos bosques e os incendios están xerando unha importante DESFORESTACIÓN a escala mundial. A SILVICULTURA É A MANEIRA DE EXPLOTAR DE XEITO ADECUADO OS BOSQUES, utilizando as técnicas modernas dun xeito sustentable a través da REFORESTACIÓN.
PAISAXES AGRARIAS TRADICIONAIS
VS
PAISAXES AGRARIAS MODERNAS
COMPARA/CONTRASTA (CADERNO)