
TEMA 4 IMPERIALISMO E COLONIALISMO
SÉCULO XIX -COLONIALISMO (Resume )
A sociedade da 2ª metade do século XIX canto ao social é unha sociedade de clases (non existen xa os estamentos do Antigo Réxime).
As clases sociais eran:
- Burguesía e nobreza que se converteran nunha clase CONSERVADORA.
- Clases medias: que amortecían as tensións entre as clases altas e baixas.
- Labregos e proletariado: diminuen os labregos e se incrementa o proletariado, cara 1900 a metade da poboación británica é a clase obreira e un terzo dos alemás e dos franceses.
Estado de Benestar
Mentres se estendía o sufraxio universal masculino o Estado comeza tímidamente a ocuparse do BENESTAR da poboación, en parte para frear os progresos do socialismo (ao que vían como unha ameaza política).
Implántanse seguros de enfermidade e vellez, leis de ensinanza obrigatoria e introdúcense avances na saúde pública e no urbanismo (iluminación e rede de sumidoiros) que contribuíron a erradicar os problemas nos barrios obreiros.
Na 2ª metade do século XIX o movemento obreiro tratou de crear asociacións internacionais:
- A Primeira Internacional-1864,Londres (AIT) con dúas tendencias opostas:
- Marxistas-Loita de clases, revolución do proletariado, partidos políticos para tomar o poder. (Manifiesto comunista ENGELS Y MARX)
- Anarquistas-Abolir toda autoridade política (Mikhail BAKUNIN)
En 1872 ruptura entre ambos grupos e máis tarde termina disolvéndose.
- A Segunda Internacional- 1889, ou Internacional socialista, de ela xurdiu unha tendencia socialdemócrata sobre todo no socialismo alemán, o máis poderoso de Europa.
Danse tensións entre os partidarios do carácter internacional e os nacionalistas. Destaca ROSA LUXEMBURG.
A internacional pretendía unir á clase obreira por encima dos conflitos entre países.
MOVEMENTO DE EMANCIPACIÓN DA MULLER
A loita polo subraxio feminino.
As mulleres que sempre traballaran agora podían loitar pola emancipación, se lles abren as portas da educación secundaria a partir de 1880, e cada vez máis mulleres poden acceder á universidade (en Reino Unido
As profesións sempre relacionadas cos roles tradicionais. Comezan a ser económicamente independentes, non se logra nada ata despois de 1914, durante a 1ª Guerra Mundial salvo casos illados. O 1º País foi NOVA ZELANDIA en recoñecer o dereito a voto feminino.
ARTE NO S. XIX
Impresionismo, postimpresionismo en pintura.
Monet impresionista.
Van Gogh, Toulouse-Lautrec e Cézanne en postimpresionistas.
A Escola de Chicago e o modernismo en arquitectura.
Escola de Chicago, utilitarista cos rañaceos.
Enxeñería do ferro forxado, Torre Eiffel.
En Europa modernismo ou Art Nouveau- Antonio GAUDÍ
ESPAÑA
Do reinado de ISABEL II ao SEXENIO DEMOCRÁTICO
1833 morre Fernando VII - A súa filla Isabel ten 3 anos polo que goberna de REXENTE a súa nai Mª Cristina.
Dase unha guerra entre os partidarios de que a Coroa pasase a mans do irmán de Fernando chamado Carlos, termina a 2ª GUERRA CARLISTA co CONVENIO DE VERGARA. Destacou o xeneral isabelino ESPARTERO.
Mª Cristina comeza a gobernar co ESTATUTO REAL de 1834, que era unha carta outorgada, en 1837 xura unha nova Constitución.
En 1840 goberno de Espartero, con 13 anos Isabel II pasa a gobernar.
Durante o seu reinado tivo triunfo o liberalismo fronte ao absolutismo. Os liberais estaban divididos en Moderados e progresistas.
Importante o proceso de DESAMORTIZACIÓN DE MENDIZÁBAL.- que as terras da Igrexa e municipios puideran ser privatizadas para explotalas.
SEXENIO DEMOCRÁTICO
1868, a REVOLUCIÓN GLORIOSA derroca a Isabel II. Varios períodos nos seis anos seguintes:
1.-Revolucionario e constituínte. Constitución de 1869
2.-Procura dun rei - Amadeo I de Savoia
3.- Monarquía de Amadeo I - con dúas tendencias: constitucionalistas e radicais (progresistas) e por outra banda carlistas, alfonsinos e republicanos que se uniron para derrocar ao rei.
4.´- República Federal-1ª República. Aínda que a guerra de Cuba e a 3ª Guerra Carlista desestabilizaron o período.
República Autoritaria- Golpe de Estado do Xeneral Serrano e imposición do poder de maneira autoritaria. Pronunciamento e restauración do poder dos BORBÓNS-Alfonso XII
Preguntas para preparar o exame (Temas final do 3, 4 e 5)
do tema 3
1. Cales eran as clases sociais na segunda metade do século XIX (páx 65 ou páx 86)
2. Realismo
3. Primeiras reacción obreiras (páx 66) Ludismo/Trade Unións/Socialismo Utópico/SocialismoCientífico- Marxismo/Manifesto Comunista.
do tema 4
4. Auxe dos nacionalismos en Europa situación de Francia/Alemania e Italia.
5. Cales eran as Grandes Potencias Europeas. (páx 78) e os Imperios en decadencia.
6. Que é o Imperialismo? (páx 80), diferenza co colonialismo.
7. Causas do Imperialismo (páx 80/81) Ideolóxicas, políticas, demográficas e económicas.
8. A conquista de novos territorios (páx 82/83)
9. Que é o ESTADO DE BENESTAR? (páx 86)
10. A que se chamou movemento de emancipación da muller? (páx 87)
11. Impresionismo e postimpresionismo-exemplos e principais características.(páx 88)
12. Arte asiática no século XIX- Torre Eiffel, Escola de Chicago e Art nouveau: Gaudí (páx 88)
13. Isabel II e o sexenio democrático (páx 90)
14. Diferenza entre moderados e progresistas durante o gobierno de Isabel II.
tema 5
15. A Paz Armada (páx 104)
16. Rusia - Intento de revolución de 1905/Domingo sanguento/Duma/Revolución de 1917
17.China revolución dos bóxeres (páx 104)
18. Camiño cara a Guerra, situación dos principais países (páx 105)
19. I Guerra Mundial- Esquema dado pola profesora, completar polo libro. (páx 106/107)
20. Organización da Paz. 14 puntos de Wilson. Tratado de Versalles. O balance da Guerra (páx 112-113)