Avaliación Inicial: Un paseo pola Idade Media              e temas non impartidos en 2º ESO - IDADE MODERNA              

A nova lei LOMLOE implántase por 2º ano é por iso que darei os contidos que quedan pendentes de 2º ESO e que xa non son materia en 3º pero que necesitades para entender a materia de 4º ESO, daremos os temas de historia na 3ª avaliación para que queden máis recentes ao próximo curso.


1ª sesión - DINÁMICA DO BOTE SALVAVIDAS- Creación de grupos base cooperativos

Grupos Base Cooperativos en clase

Traballo sobre as diferenzas entre todas as persoas

Nos hundimos!!!

O Titanic é un dos barcos máis famosos que existiron nunca.

Esta é a súa historia completa: a súa construción, a viaxe inaugural, o fatídico choque co iceberg, o seu afundimento, o rescate dos sobreviventes e, décadas despois, o descubrimento dos restos do naufraxio e a inesquecible película de James Cameron que conseguiu varios premios Óscar.

Xogo de Rol

"Atópanse no barco Titanic cruzando o Atlántico, e unha gran tormenta arremete contra o barco e párteo en dous. Todos deben subir ao bote salvavidas. O problema é que só hai espazo e comida suficiente para 3 ou 4 persoas por bote e son 17. O barco ten 5 botes en total, 3 de 3 prazas e 2 de 4 prazas Algún de vostedes debe sacrificarse para salvar ao resto.

A decisión de quen abandona ou queda en cada bote debe ser tomada polo grupo, non se aceptará ningunha tomada de maneira individual. Dispoñen de 5 minutos cada un para dar razóns de por que deben vivir. Tras os argumentos de todos os participantes deben decidir quen abandona o barco e en que bote tentarán salvar as súas vidas.

Requisitos:

• Todos os botes salvarán a mozos e mozas.

• En todos os botes ten que haber alguén falador

• En todos os botes ten que haber alguén creativo

• En todos os botes ten que haber alguén que sexa bo coordinando



Dinámica O Bote Salvavidas IDEAS PARA O MOMENTO DE REFLEXIÓN E DEBATE

Cren que deron bos argumentos ou unha vez que escoitaron aos seus compañeiros déronse conta que poderían ser mellores?

Que elementos tiveron en conta para dar argumentos?

Apoiáronse nos seus coñecementos, nas súas capacidades?

Mentiron nos seus argumentos?

Se é que si, É valido mentir?, Que consecuencias poderían xerarse?

Que detectaron dos argumentos que consideraban "débiles"?

Os 5 minutos, parecéronlles moito tempo ou pouco tempo?

Tiveron importancia na decisión do voto as posturas e os xestos no momento de argumentar?

NOME DO GRUPO E COMPOÑENTES

1.

2.

3.

4.

MOTIVOS:

A IDADE MODERNA

OS ESTADOS MODERNOS

Actividade de motivación. O contexto dos grandes descubrimentos xeográficos

Video 1 Fragmentos da Película 1492

Tarefa 1 -15´ Ver vídeo de 1492

Respostar no caderno á seguinte pregunta: Cal foi o papel de Colón no descubrimento de América?

Tarefa 2  35´   Unidade 9 As orixes da Idade Moderna- Traballo sobre a Política interior e exterior dos Reis Católicos

1. Como se conquistou o último territorio que estaba en poder dos musulmáns?

2. Quen foi Xoana a Beltranexa?

3. Que intereses levaron a Coroa de Castela a orientarse cara ao océano Atlántico?

4. Observa o mapa e contesta as preguntas:

· Explica como se vincularon os territorios de Inglaterra, os Países Baixos, Austria, Borgoña e Portugal coa monarquía dos Reis Católicos.

· Cara a que zonas se orientou a expansión da Coroa de Aragón?

Resumir no Caderno as principais teorías sobre os primeiros en conquistar América. Foi Colón o primeiro?

RENACEMENTO E REFORMA

© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar