About me/ COÑÉCEME

Ola, chámome Rosa González Roca, aínda que a maioría dos meus alumnos e algún compañeiro chámanme Rosa Stone. A cousa non me desagrada porque sempre noto cariño nese alcume. Este é o meu blog educativo, nel paso moito tempo da miña vida pensando en como chegar a eses rapaces que cada día encontro no meu espazo de traballo: O colexio dos Escolapios en Monforte de Lemos.

Son unha persoa bastante optimista, de pequena odiaba a historia, non me gustaba esa maneira de ensinar dando datos e máis datos. Agora, en perspectiva penso que non tiña a miña testa preparada para tanto apunte e que andaba a outras cousas, exactamente como a mocidade de hoxe.

Creo profundamente nas capacidades da mocidade e mais na  creativa e de resolución de problemas, na maioría dos casos non lles damos a oportunidade de desenvolver as súas habilidades porque parece que hai que darllo todo feito. 

Encántame o meu traballo e creo que se me nota un pouquiño en cada clase, tamén en cada día dos que me sinto afortunada por formar parte desta familia Escolapia.

É necesario coñecer os gustos, opinións e referencias que teñen os alumnos-as para poder ensinar dende a emoción e sobre todo aproveitar esa plasticidade neural que aínda teñen nos seus cerebros, como vedes, tamén me alucina o tema da neurocencia aplicada á educación.

Espero que este blog (bitácora) poida servir aos meus alumnos para valorar que o estudo pódese dar dende moitos ámbitos: o libro de texto, o cine, as cancións, a literatura, a televisión, os blogers, etc...

Tamén que algún compañeiro de profesión poida sacar algunha idea para renovar, dende o que eu poida aportar humildemente,  para mellorar as súas clases e sobretodo a súa motivación.

Grazas por lerme, se queres contactar comigo rosagroca@gmail.com

 

"Un optimista ve una oportunidad en toda calamidad,
un pesimista ve una calamidad en toda oportunidad" Winston Churchill

CURRICULUM VITAE

ESTE BLOG FOI CREADO CON FINS EDUCATIVOS, RECOLLENSE TRABALLOS INTERESANTES DOUTRAS PERSOAS, SE ALGUÉN NON QUERE QUE SE EMPREGUEN QUE ENVÍE UN CORREO A  rosagroca@gmail.com 

O CONTIDO ELIMINARASE DE INMEDIATO. 

Consideracións Metodolóxicas

Estas consideracións constitúen a miña forma de pensar, actuar e ensinar aos meus alumnos.

 A cousa máis importante, é ensinar mais tamén ensinar a dubidar do aprendido, é dicir fomentar nos alumnos a capacidade crítica e creativa que pode dar lugar a posibles cambios nas estruturas, sobre todo cando estas non están a funcionar.

O principal obxectivo da educación ten que ser que as persoas sexan capaces de facer cousas novas, e non simplemente repetir o que estudan (Piaget)

É imprescindible fomentar o interese polo estudado, sempre dende o exemplo e dende as actividades. Para iso é necesario organizar previamente as ferramentas que posibiliten incrementar a motivación. O carisma do profesor é tamén unha boa motivación aínda que non se programa, contaxiar o interese é imprescindible para lograr unha motivación.

Tamén a educación en valores: alegría, entusiasmo, participación, implicación, respecto polas diferenzas, lealdade, espírito crítico son fundamentais para lograr alumnos implicados coa sociedade e cos demais.

Imprescindible cos alumnos vexan a utilidade dos coñecementos, como o estudo do pasado permite entender o presente, a realidade máis inmediata.

O cine é unha forma inmellorable de acercar os contidos aos alumnos, traballarei con trailers e películas, incluso cancións aínda que a totalidade dunha película, por problemas de tempo pode ser vista na casa.

O alumno ten que participar o máximo posible na aula, aprender facendo, "aprendese moito máis cando menos se explica, e máis se practica". Isto obriga a que busque estratexias que permitan reducir ao mínimo o tempo de explicación e deixar máis tempo para o traballo autónomo ou guiado na clase ou na casa.

Os alumnos teñen unha historia persoal que é necesario considerar para poder chegar ata eles e respectalos dentro das súas propias diferenzas. É necesario acompañalos, querelos, axudalos e tolerar as peculiaridades propias da idade. "Non trato aos meus alumnos coma aos meus fillos, trato aos meus alumnos como me gustaría que tratasen aos meus fillos".

Por último todo isto ten significado se temos en conta os verdadeiros protagonistas do proceso de aprendizaxe que son os propios alumnos. Para rematar déixovos cunha cita do meu filósofo favorito:

Eu non podo ensinarvos nada, só podo axudarvos a buscar o coñecemento dentro de  vos mesmos" Sócrates, século IV a. C

Uso do portfolio para Ciencias Sociais. O Portfolio como ferramenta de traballo en secundaria

"Sólo podemos realizar aquello que hemos imaginado haber realizado" Roberto Aguado.

© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar