UNIDADE 3 AS ACTIVIDADES AGRARIAS

QUE TEÑO QUE SABER?

Estándares de aprendizaxe 

 XHB2.6.1. Sitúa no mapa as principais zonas cerealistas, como exemplo de recurso agrario no mundo, e as máis importantes masas forestais do mundo.

 XHB2.6.2. Localiza e identifica nun mapa as principais zonas produtoras de minerais no mundo.

 XHB2.6.3. Localiza e identifica nun mapa as principais zonas produtoras e consumidoras de enerxía no mundo.

 XHB2.6.4. Identifica e nomea algunhas enerxías alternativas.

 XHB2.7.1. Procura información sobre a sobreexplotación dos caladoiros de pesca, usando recursos impresos e dixitais.

PALABRAS CLAVE

ESPAZO RURAL

ELEMENTOS ABIÓTICOS, BIÓTICOS E ANTRÓPICOS

TIPOS DE PAISAXE: ABIÓTICA, BIÓTICA E ANTRÓPICA

A PAISAXE RURAL

FACTORES DETERMINANTES DA PAISAXE

1.-FACTORES FÍSICOS

Relevo

Clima

Solo

2.-FACTORES HUMANOS

Demografía

tecnoloxía

estrutura económica

estrutura política

SECTOR PRIMARIO

agricultura, gandairía, explotación forestal, pesca, minaría

No mundo rural tamén están outras actividades doutros sectores: pequena industria, artesanía, servizos á poboación, comercio e turismo.

RECURSOS NATURAIS

RENOVABLES

NON RENOVABLES

A  AGRICULTURA

ESTRUTURA DAS ACTIVIDADES AGRICOLAS

FACTORES:
1.- ATENDENDO AO TAMAÑO: LATIFUNDIOS/MINIFUNDIOS
2.-FORMA DA PARCELA: REGULAR/IRREGULAR
3.-O CERRADO: CAMPOS CERRADOS OU BOCCAGE/CAMPOS ABERTOS OPEN FIELD
4.-PROPIEDADE: PRIVADA/COLECTIVA OU COOPERATIVA
5.-TENZA: EXPLOTACIÓN DIRECTA/INDIRECTA (ARRENDAMENTO E PARZARÍA)

SISTEMAS DE CULTIVO:
* SEGUNDO A VARIEDADE DAS ESPECIES: POLICULTIVO/MONOCULTIVO
* SEGUNDO O ESPAZO CULTIVADO E A PRODUCIÓN: INTENSIVO/EXTENSIVO
*SEGUNDO O EMPREGO DE RECURSOS HÍDRICOS: SECAÑO/REGADÍO


A GANDARÍA

Esta actividade baséase no crianza de animais. O seu obxectivo é aproveitar os diferentes recursos que poden proporcionarnos: alimento, téxtiles e forza do traballo.

SEGUNDO A EXPLOTACIÓN- Extensiva/Intensiva

EN FUNCIÓN DA MOBILIDADE DO GANDO-Nómade/Transhumante/sedentaria

SEGUNDO A ALIMENTACIÓN-Estabulada/Non estabulada/Semiestabulada

A GANDARÍA MODERNÍZASE

Mecanización das explotacións gandeiras o que produce: intensificación produtiva, redución da man de obra e desaparición dos sistemas tradicionais coma a transhumancia. Que empregaba VÍAS PECUARIAS (Camiños públicos).

As razas autóctonas dan paso as foráneas.

Das pequenas explotacións tradicionais pásase ás explotacións especializadas.

Actividade orientada á venda a mercados exteriores.

Incremento da produción cárnica co que mellorou a alimentación nos países desenvolvidos.

Problemas:

Uso de hormonas para crecemento do gando, fabricación de pensos de mala calidade, malas condicións de vida dos animais, extensión de enfermidades como o mal das vacas tolas ou a gripe aviaria.


A PESCA

A pesca consiste na captura de peixes e outros animais acuáticos para o seu consumo directo ou como materia prima para a industria.

MODALIDADES DE PESCA

Pesca continental- sobre augas doces.

Pesca mariña- en mares e océanos.

Pesca deportiva (ocio)

PESCA INDUSTRIAL- Faise sobre todo en augas mariñas e para comercializar as capturas.

Pesca de baixura- Lugares próximos á costa, embarcacións tradicionais, produto que se vende a diario nas lonxas e mercados locais.

Pesca de Altura- Lugares afastados do litoral, durante máis de 10 días, os barcos son medianos e saen en flotiñas, teñen que comezar o proceso de conservación do peixe en mar aberto.

Pesca de Grande Altura-Practicase a centos de millas da costa e en campañas que poden durar varios meses. Péscase en frotiñas compostas por varios barcos pesqueiros e un gran barco factoría que recolle a pesca do resto e comeza o proceso de conservación. Faise maioritariamente en augas mariñas.

EXPLOTACIÓN FORESTAL

O recurso máis importante é a madeira (fonte de enerxía, mobles ou papel), mais tamén outros como: caucho, cortiza,resinas.

A sobreexplotación dos bosques e os incendios están xerando unha importante DESFORESTACIÓN a escala mundial. A SILVICULTURA É A MANEIRA DE EXPLOTAR DE XEITO ADECUADO OS BOSQUES, utilizando as técnicas modernas dun xeito sustentable a través da REFORESTACIÓN.


PAISAXES AGRARIAS TRADICIONAIS 

VS 

PAISAXES AGRARIAS MODERNAS


COMPARA/CONTRASTA (CADERNO)

© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar