PARLAMENTO XOVE

Os alumnos de 3º/4º ESO participarán na oitava edición do programa de debate Parlamento Xove da Xunta de Galicia.

Alumnos que participaron na oitava edición do Parlamento Xove: Yuri, Jorge, Aitana e Pablo.

Os alumnos interesados en participar na novena edición, durante o curso 17/18 terán que cumplir os seguintes requisitos:

Nota de máis dun 8 na materia de C. Sociais.

Asistir as reunións previas ao encontro. Ter en conta en todo momento as indicacións que se lle den ao respecto dado que a súa participación supón a representatividade do Centro, non se trata dun traballo individual senón que ten que saber formar parte dun equipo.

Preparar de xeito individual e presentar un traballo de calidade e expoñelo diante dos compañeiros da clase.

A non asistencia as clases preparatorias fará que o alumno ou alumna perda o dereito de participación.