Unidade 1 O Antigo Réxime

Avaliación Inicial Curso 2017-18

"UN PARA TODOS 

TODOS PARA UN"

Soberanía de Dereito Divino

1. Quen é o rei que aparece na secuencia? Con que modelo político o relacionarías? Explica as características dese modelo político.

2. O asesor de finanzas do explica ao rei que hai disturbios en París. Como era a estrutura social na época á que fai referencia a película?

3. O rei recomenda ao monxe Aramis a misión del localizar e asasinar ao líder dos xesuítas en Francia. Busca información sobre a orde e explica por que pensas que puido rivalizar cos monarcas da época. Sabes que importante persoa pertence hoxe en día á orde dos xesuítas?

4. Con que estilo artístico relacionarías as construcións que aparecen na secuencia? Explica que función cumpría esta estética na labor do rei.

5. Investiga sobre o palacio Vaux-le-Vicomte.

6. Investiga as lendas que existen sobre o Home da Máscara de Ferro.

7. Os Mosqueteiros pertencen a unha novela, investiga o nome da mesma e o autor. Indica se é realidade ou está baseada en acontecementos históricos aínda que é de ficción.

"Ao Dereito e ao revés"

PALABRAS CLAVE

Idade Moderna

Antigo Réxime

Privilexio

Estamentos Sociais

Monarquía Absoluta

Ilustración/Ilustrados

Logos

Empirismo, racionalismo, liberalismo

Ciencia/Investigación/Método Científico

NEOCLASICISMO

O Neoclasicismo, é unha arte que apareceu no século XVIII, xunto co racionalismo da Ilustración e que cumple a lei do Péndulo (dun extremo ao outro), este arte decántase pola volta estética e moral da antigüidade Clásica.

Tarefas:

The Art Gallery

The Concerte

ABP  - Aprendizaxe baseado en problemas

Ciclo de concertos (tarefa competencial)

"CICLO DE CONCERTOS"

Que vas facer?

Idesvos converter en asesores culturais da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Seredes os encargados de programar unha serie de concertos barrocos e clásicos en lugares emblemáticos de Galicia. Polo tanto, teredes que seleccionar tanto as obras musicais que se van interpretar coma os lugares onde se realizarán eses concertos.

Como o vas facer?

1.º Terás que poñer en práctica unha serie de coñecementos e habilidades. Para saber cales son e poder realizar esta tarefa satisfactoriamente, le con atención a rúbrica.

2.º Cando termines esta tarefa competencial, completarás a rúbrica para reflexionar sobre a maneira en que traballaches. Gárdaa xunto con outras rúbricas para crear a túa propia historia de aprendizaxe.

3.º Necesitarás acceso a internet para obter a información que se solicita, papel e bolígrafos.

Adiante! Durante as sesións de traballo desta unidade ídesvos converter en asesores culturais da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Neste caso, o traballo que vos encargaron é programar un ciclo de concertos de música clásica e barroca do século XVIII. Polo tanto, debedes seleccionar obras do Barroco tardío de autores como Vivaldi, Handel ou Bach e obras do Clasicismo de autores como Mozart, Haydn e Beethoven.

Ademais, estes concertos vanse desenvolver en lugares emblemáticos construídos nesta época histórica. Por iso, teredes que buscar edificios construídos neste século e que poidan albergar este tipo de eventos. Para poder desenvolver o voso traballo teredes que investigar sobre as obras destes autores e sobre que edificios de Galicia pertencen a este período.

PASO 1. Recollemos información

Para empezar a traballar colocarédesvos en grupos de seis. Investigaredes sobre autores de música clásica pertencentes ao século XVIII e sobre a súa obra. Debedes seleccionar varias obras relevantes de distintos autores, coñecer a súa duración á hora de ser interpretadas, que cantidade de músicos son necesarios, etc. Por outra banda, debedes realizar unha listaxe dos lugares de Galicia onde se poderán celebrar estes concertos. Lembrade que teñen que pertencer ao século XVIII e que deben ter unha estrutura onde se poidan colocar tanto os músicos coma o público. Tamén debedes recoller información sobre os horarios de apertura destes lugares, no caso de que poidan ser visitados, para que unha actividade non interfira na outra.

PASO 2. Programación do ciclo de concertos

Unha vez realizados os pasos anteriores, debedes asignar cada obra musical a un lugar determinado e confeccionar o programa con datas e horarios; tamén teredes que lle dar título ao ciclo de concertos e elaborar un cartel para anunciar o evento. Para asegurarvos de que recollestes ben toda a información, podedes elaborar unha táboa coma esta:

CLÁSICOS NO VERÁN

LUGAR                                                     AUTOR/OBRA                               DATA/HORA

Igrexa de San Martin de Tours,          Concerto para piano n.º 20,             20 de xuño / 19:00 horas

Cigüenza, Cantabria                              de W.A. Mozart


Antigo Hospital de San Rafael,             Concerto de Brandeburgo             27 de xuño / 18:00 horas

Santander, Cantabria                                 n.º 1, de Bach


Orientacións metodolóxicas

A programación de actividades culturais permite aos alumnos aplicar os contidos traballados na unidade. Con este tipo de actividades, os alumnos poden comprobar de maneira práctica o nivel de coñecementos adquiridos, ademais de amplialos e concentralos no seu contorno máis próximo. Ademais, desenvolve competencias como aprender a aprender, tratamento da información, a tecnolóxica e, por suposto, a competencia social e cívica. Para poder realizar a tarefa, o alumnos deben ter acceso a Internet, o seu libro de texto e material de escritura. Esta actividade está pensada para levar a cabo en tres sesións, de tal maneira que na primeira sesión realizarán, unha vez formados os grupos, o paso 1, para o que será necesario que teñan acceso a Internet e ao seu libro de texto. Na segunda sesión realizarán o paso 2; e tamén necesitarán acceso a Internet e material de escritura; na terceira sesión realizarán o paso 3, a exposición de traballos. Os alumnos deben recibir a rúbrica de autoavaliación, de modo que saiban de antemán como teñen que facer a tarefa e poidan levar a cabo unha posterior reflexión sobre a súa maneira de aprender e traballar. O profesor tamén conta cunha rúbrica de avaliación da tarefa. Nela póñense de relevo os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe que se traballan. Así mesmo, propóñense os niveis de desempeño en que os alumnos poden adquirir ou desenvolver tales estándares durante o transcurso da tarefa. Estes niveis de desempeño ofrecen ao profesor unha valiosa información sobre a forma en que os alumnos aprenden diferentes procedementos de traballo en equipo, así como sobre as súas capacidades de expresión, dedución, pensamento creativo, etc.


Algúns traballos excelentes dos alumnos:

4º A "Concerto Barroco/Neoclásico" en Galicia 

ESTRATÉXIA DOS VASOS COMUNICANTES PARA ANÁLISE DOS CIENTÍFICOS DA ILUSTRACIÓN

EXPOSICIÓN ORAL NA CLASE

NEWTON

LINNEO

HERSCHER

JENNER

Xenealoxía dos Reis de España dende o neto dos 

Reis Católicos: Carlos I/V ata Juan Carlos I, hoxe goberna o seu fillo: Filipe VI

  • Preparo o meu exame (Exame tipo)

  • Lee o seguinte texto:

  • En cada Estado, hai tres clases de poderes: o lexislativo, o executivo das cousas pertencentes ao dereito de xentes e o executivo das que pertencen ao civil (xudicial).
  • Polo primeiro o príncipe ou o maxistrado fai as leis para certo tempo ou para sempre, e corrixe ou derroga as que están feitas. Polo segundo fai a paz ou a guerra, envía ou recibe embaixadores, establece a seguridade e prevén as invasións. E polo terceiro castiga os crimes ou decide as contendas dos particulares. Este último chamarase poder xudicial; e o outro (segundo) simplemente poder executivo do Estado. A liberdade política, nun cidadán, é a tranquilidade de espírito que provén da opinión que cada un ten da súa seguridade; e para que se goce dela é preciso que sexa tal o goberno que ningún cidadán teña motivo para terlle medo a outro.
  • Cando os poderes lexislativo e executivo se atopan reunidos nunha mesma persoa ou corporación, entón non hai liberdade, porque é de temer que o monarca ou o senado fagan leis tiránicas para executalas do mesmo xeito. Así acontece tamén cando o poder xudicial non está separado do poder lexislativo e do executivo. Estando unido ao primeiro, o imperio sobre a vida e a liberdade dos cidadáns sería arbitrario, por ser un mesmo o xuíz e o lexislador e, estando unido ao segundo, sería tiránico. [...]
  • O poder xudicial non debe confiarse a un senado permanente e si a persoas elixidas entre o pobo en determinadas épocas do ano, do modo prescrito polas leis, para formar un tribunal que dure soamente o tempo que requira a necesidade. Deste modo o poder de xulgar, tan terrible nas mans do home, non estando suxeito a unha clase determinada, nin pertencendo exclusivamentea unha profesión faise, por dicilo así, nulo e invisible. [...] Pero se os tribunais non deben ser fixos, as súas sentenzas deben selo de tal xeito que non deben conter outra cousa que o texto
  • literal da lei,porque se puidesen ser a opinión particular do xuíz, viviríase na sociedade sen saber nela con exactitude as obrigas que se contraen [...].


  • 1. Que famoso ilustrado do século XVIII puido escribir este texto? Que defendía? Como se chamaba o seu libro?
  • 2. Cales son os poderes dos que fala? Qué pasa se os poderes os concentra unha soa persoa?
  • 3. Podes poñer un exemplo dun país e persoa do século XVIII no que se concentrara o poder ?

  • 4. Fai unha redacción sobre un despota ilustrado español e explica algún acontecemento importante que sucedeu durante o seu reinado.
  • 5. Define: Monarquía absoluta, Ilustración, espíritu crítico, motín, neoclasicismo, sufraxio censitario, liberalismo, fisiocracia, lei da oferta e a demanda.
  • 6. Dos principais científicos ou exploradores do século XVIII, fai unha redacción na que expliques como perxudicaría á sociedade de hoxe en día a falta dese invento ou descobremento.
  • 7. Explica as similitudes e as diferenzas entre un sistema liberal e un do Antigo Réxime (todo o que saibas) e coloca a información nunha táboa.
  • 8. Pon un exemplo de arquitectura neoclásica en España e doutro país.
  • 9. A quen perxudicaron os Decretos de Nova Planta? 
  • 10. Porque hoxe en día goberna no noso país Filipe VI? Que tipo de sistema político temos en España? Onde residen os tres poderes dos que falaba o texto anterior?

BILL OF RIGHTS-1689, GRAN BRETAÑA 1ª Declaración de Dereitos.

CAL É A FESTA NACIONAL EN EEUU?

INDEPENDENCE DAY, 4 julio 1776

NO CINE MOITÍSIMAS PELÍCULAS TEÑEN DE FONDO OU SINALAN ASPECTOS DA INDEPENDENCIA DOS EEUU

© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar