PORTFOLIOS  1º ESO

Como facer un portafolio en Ciencias Sociais?

1º PRESÉNTATE !

Podes empregar algunha destas plantillas, escolle unha a imprimes, a pegas no teu portfolio e escribes sobre ti.

Fíxate no exemplo!

RUBRICA PARA AVALIAR O PORTFOLIO DE CIENCIAS SOCIAIS

PORTADA (2 ptos)

Inclúe nome do autor, institución e curso.

Inclúe título sugerente na portada.

Considera data e lugar

CONTIDO (2 ptos)

O contido do portfolio é congruente cos contidos das leccións ou coas tarefas do curso.

O obxectivo representa a aprendizaxe obtida e a razón pola cal se estructuran desa forma as evidencias.

EVIDENCIAS (2 ptos)

Inclúe todos os tipos de evidencias: palabras clave, estratexias, resumes, mapas mentais, etc.

As evidencias amosan os avances nas aprendizaxes esperadas.

ORGANIZACIÓN e Uso das Tics (2 ptos)

Todos os documentos constan de encabezados claros, limpos e son explicativos.

ORTOGRAFÍA e WEBGRAFÍA (2 ptos)

O portafolio de evidencias está elaborado sen errores ortográficos.

Criterio de avaliación escala de 1 a 10. 

Cada apartado vale 2 puntos.

2º Comeza a traballar!

PORTFOLIO 1ª AVALIACIÓN

Prazo de entrega: 

- PORTADA

- Presentación do alumno tendo en conta algunha das fichas que tedes na parte esquerda deste portfolio.

- Unidade 1 O relevo e as augas da Terra

1. Que aprendiche?

2. Que che resultou máis dificil e porque?

3. Escolle 3 ideas centrais do tema, explicalas e aporta evidencias.

4. Fai o esquema que ven ao final do tema, engádelle debuxos ou imaxes.

Unidade 2 (temas 2 e 3)

1. Mapa mental das principais unidades de relevo (costeiro, submarino e terrestre) con debuxos ou imaxes.

2. Mapa mudo completado de ríos, mares e océanos.

Unidade 3 (temas 4,5)

Redacción sobre a estación metereolóxica.


Axuda!

Lembra que os pasos para facer unha redacción deberían ser éstes:

1º Coller unha folla en sucio para facer os seguintes pasos:

                1. 1 Choiva de ideas

                1. 2 Frases curtas

                1. 3 Redactar dende as frases curtas.

2º Por último repasar o paso 3 tendo en conta ortografía e signos de puntuación.

3º Pasar a redacción a limpo no portfolio.

PORTFOLIO 2ª AVALIACIÓN

rematamos a unidade 3 (temas 4 e 5 do libro Tempo e clima // Climas e Paisaxes da Terra)

MAPA MENTAL dos climas máis importantes (idea central, 3 ramas e cada rama cos climas)pegando imaxes ou facendo debuxos.

MAPA MUDO DE PAISAXES DA TERRA

Pegar unha fotocopia dun mapa mudo e colorealo cos tipos de climas tendo en conta as zonas climáticas da terra, tamén poñendo no mapa (pegada) algunha imaxe ou debuxo.

Prazo de entrega 

PORTFOLIO 3ª AVALIACIÓN


1ª parte:
Unidade 4 Os continentes
Unha tabla das principais unidades de relevo por continente (como as que fixemos para o bingo)

Unidade 5 O ser humano e o Medioambiente
Copiar a redacción que fixestedes na libreta da canción analizada na clase.

Unidade 6 Introdución á Historia
Exemplos de exercicios feitos na clase
Eixe cronolóxico das Idades da Historia

Unidade 7 A Prehistoria 
Debuxar un triángulo, un cadrado e un círculo e poñer dentro o máis importante do estudado no Paleolítico, Neolítico e a Idade dos Metais.

Prazo 


2ª parte:
Unidade 8 Primeiras civilizacións

Unidade 9 Grecia

Unidade 10 Roma

Prazo 
© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar