Unidades Didácticas 4º ESO

1ª Avaliación

Aval. Inicial +

Unidade 1 O Antigo Réxime e a Ilustración

Unidade 2 As revolucións burguesas

Unidade 3 A Revolución Industrial


2ª Avaliación

Unidade 4 As grandes potencias e o imperialismo e os inicios do século XX (temas 4 e 5 do libro) 


Unidade 5 O período de entreguerras e os antecedentes da II Guerra Mundial (temas 6 e 7 do libro)

Unidade 6 II Guerra Mundial (tema 8 do libro)

Unidade 7 Guerra Fría (Temas 9 e 10 do libro)

3ª Avaliación

Unidade 8 O mundo recente (Tema 11)

Unidade 9 Revolución Tecnolóxica e Globalización (tema 12)

Unidade 10 Relación entre o pasado, presente e futuro a través da historia e da xeografía

Criterios de avaliación

* A media das probas escritas (exames) deberá ser de 4 ou superior para poder facer media cos traballos e controis, que non deberá ser inferior a 5

* A media dos traballos e portfolio deberá ser de 5 ou superior para poder facer media coas probas escritas.

O portfolio será obrigatorio para todos os alumnos-as de 4ºESO

A nota de esforzo participación e traballo na aula será o resultado da suma das anotacións do profesor no apartado de incidencias da plataforma dixital e que computará como positivos ou negativos ata un máximo dun punto que se sumará ou restará á nota final de contidos.

(Neste cómputo non incluimos os retrasos ou falta de deberes)

Poderá poñerse máis dun positivo ou negativo en clase.

Para acadar o 10 o alumno debe ter como mínimo 9 no apartado de contidos.

Redondeo: Se o resultado final da nota da como resultado un número decimal aproximarase ao número enteiro correspondente. No caso de que a décima do resultado final (contidos + traballo) de como resultado 5, a aproximación dependerá do esforzo e traballo do alumno: se é positivo aproximará ao enteiro superior e se é negativo aproximará ao inferior.

As cualificacións son tratadas a través dunha plataforma educativa. O cálculo da nota ponderada se realiza utilizando a seguinte fórmula: Nota Ex. 1* Valor Ex.1 + Nota Ex.2* Valor Ex.2 + ... / Valor Ex.1 + Valor Ex. 2...

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN.

Dunha materia durante o ciclo ou curso.

Ao rematar a 1ª e a 2ª avaliación terá lugar un exame de recuperación para aqueles alumnos que non superen os obxectivos nos exames ordinarios. Haberá unha clase semanal de apoio na tarde dos xoves de 17:30 h a 18:30 h onde se poderán facer exercicios de reforzo e resolver dúbidas. Se lles entregará un material para preparar e entregar antes do exame de recuperación e que pode incrementar a nota nun 30% o 70% restante realizarase mediante unha proba obxectiva.

A recuperación da 3ª avaliación será realizada xunto cos exames de recuperación a finais de xuño. A recuperación de xuño será por avaliacións.

Aqueles alumnos que non recuperen en xuño por avaliacións deberán presentarse a toda a materia no mes de setembro.

De materias pendentes doutros ciclos ou cursos.

Exame ordinario en xaneiro e extraordinario en setembro. Haberá unha clase semanal de apoio na tarde dos xoves de 16:30 h a 17:30 h onde se poderán facer exercicios de reforzo e resolver dúbidas. Se lles entregará un material para preparar e entregar antes do exame e que pode incrementar a nota nun 30%


NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, CADERNOS (Portfolio)

 E EXAMES.

  • CADERNOS (Portfolio) E APUNTES

1) A presentación debe ser limpa e ordenada coidando marxes e separacións entre liñas, parágrafos e exercicios.

2) A escritura deberá ser clara e lexible.

3) Prestar especial atención a non cometer faltas de ortografía.

  • TRABALLOS

1) A presentación do traballo farase en folios brancos escritos a man ou en formato dixital segundo as consignas do profesor e as normas de presentación do caderno.

  • Os traballos deberán constar de:
  • Portada
  • Índice
  • Contido
  • Bibliografía /WEBGRAFÍA
  • Contraportada

3) En relación á escritura e ortografía, teranse en conta as normas anteriores.

4) Nos traballos non se admitirán abreviaturas nin "xergas".

  • EXAMES

NORMA

SANCIÓN

  • A presentación e escritura segundo as normas anteriores

1) Influirá na nota e poderase chegar a baixar ata -1

· Prestar especial atención a non cometer faltas de ortografía

2) En todas as áreas baixarase 0,1 por falta de ortografía ou acento ata un máximo de 1 punto, a excepción da lingua galega e castelá que terán un criterio especial.

3) Os exames deberán presentarse en bolígrafo azul ou negro a excepción daqueles nos que o profesor permita outra opción

3) Influirá na nota e poderase chegar a baixar ata -1.