UNIDADES DIDÁCTICAS 3º ESO

1ª Avaliación

Avaliación Inicial +

Unidade 1: Espazo e sociedade

Unidade 2: A actividade económica da sociedade

Unidade 3: A actividade agraria

Unidade 4: As actividades industriais

2ª Avaliación

Unidade 5: A xeografía dos servizos

Unidade 6: A economía española

Unidade 7: Desigualdade e Cooperación

Unidade 8: Os grandes retos medioambientais

Introdución á historia

3ª Avaliación

Unidade 9: As orixes da Idade Moderna

Unidade 10: Renacemento e Reforma

Unidade 11: A Monarquía Hispánica

Unidade 12: O século do Barroco



CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA DE CIENCIAS SOCIAIS

Procedementos e instrumentos para a avaliación continua:

- Traballos escritos ou en formato dixital.

- Caderno e portfolio (voluntario) do alumno/a.

- Traballo diario (exercicios e traballo na aula).

- Exames escritos*.

- Comportamento, actitude e esforzo.

*Haberá exame escrito unidade a unidade, ademais non necesariamente se realizarán exames de todos os temas, algúns avaliaranse por medio de traballo cooperativo ou outras actividades (fichas, traballos de investigación, presentacións dixitais, proxectos de comprensión).

SISTEMA DE CUALIFICACIÓN.

Estos son os aspectos que o profesor terá en conta para calificar académicamente:

  • Exames 70%
  • Traballos e portfolio 30%

* A media das probas escritas (exames) deberá ser de 4 ou superior para poder facer media cos traballos e controis, que non deberá ser inferior a 5

* A media dos traballos e portfolio deberá ser de 5 ou superior para poder facer media coas probas escritas.

O portfolio do alumno-a será voluntario para este curso e poderá incrementar a nota no apartado do 30%.

A nota de esforzo participación e traballo na aula será o resultado da suma das anotacións do profesor no apartado de incidencias da plataforma dixital e que computará como positivos ou negativos ata un máximo dun punto que se sumará ou restará á nota final de contidos.

(Neste cómputo non incluimos os retrasos ou falta de deberes)

Poderá poñerse máis dun positivo ou negativo en clase.

Para acadar o 10 o alumno debe ter como mínimo 9 no apartado de contidos.

Redondeo: Se o resultado final da nota da como resultado un número decimal aproximarase ao número enteiro correspondente. No caso de que a décima do resultado final (contidos + traballo) de como resultado 5, a aproximación dependerá do esforzo e traballo do alumno: se é positivo aproximará ao enteiro superior e se é negativo aproximará ao inferior.

 

As cualificacións son tratadas a través dunha plataforma educativa. O cálculo da nota ponderada se realiza utilizando a seguinte fórmula: Nota Ex. 1* Valor Ex.1 + Nota Ex.2* Valor Ex.2 + … / Valor Ex.1 + Valor Ex. 2…


PROGRAMA DE RECUPERACIÓN.

                  Dunha materia durante o ciclo ou curso.

 Ao rematar a 1ª e a 2ª avaliación terá lugar un exame de recuperación para aqueles alumnos que non superen os obxectivos nos exames ordinarios.Haberá unha clase semanal de apoio na tarde dos xoves de 17:30 h a 18:30 h onde se poderán facer exercicios de reforzo e resolver dúbidas. Se lles entregará un material para preparar e entregar antes do exame de recuperación e que pode incrementar a nota nun 30% o 70% restante realizarase mediante unha proba obxectiva.

A recuperación da 3ª avaliación será realizada xunto cos exames de recuperación a finais de xuño. A recuperación de xuño será por avaliacións.

Aqueles alumnos que non recuperen en xuño por avaliacións deberán presentarse a toda a materia no mes de setembro.

                  De materias pendentes doutros ciclos ou cursos.

Exame ordinario en xaneiro e extraordinario en setembro. Haberá unha clase semanal de apoio na tarde dos xoves de 16:30 h a 17:30 h onde se poderán facer exercicios de reforzo e resolver dúbidas. Se lles entregará un material para preparar e entregar antes do exame e que pode incrementar a nota nun 30%


NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, CADERNOS (Portfolio) E EXAMES.


  • CADERNOS (Portfolio) E APUNTES

1) A presentación debe ser limpa e ordenada coidando marxes e separacións entre liñas, parágrafos e exercicios.

2) A escritura deberá ser clara e lexible.

3) Prestar especial atención a non cometer faltas de ortografía.

  • TRABALLOS

1) A presentación do traballo farase en folios brancos escritos a man ou en formato dixital segundo as consignas do profesor e as normas de presentación do caderno.

  • Os traballos deberán constar de:
  • Portada
  • Índice
  • Contido
  • Bibliografía /WEBGRAFÍA
  • Contraportada

3) En relación á escritura e ortografía, teranse en conta as normas anteriores.

4) Nos traballos non se admitirán abreviaturas nin "xergas".

  • EXAMES

NORMA

SANCIÓN

  • A presentación e escritura segundo as normas anteriores

1) Influirá na nota e poderase chegar a baixar ata -1

· Prestar especial atención a non cometer faltas de ortografía

2) En todas as áreas baixarase 0,1 por falta de ortografía ou acento ata un máximo de 1 punto, a excepción da lingua galega e castelá que terán un criterio especial.

3) Os exames deberán presentarse en bolígrafo azul ou negro a excepción daqueles nos que o profesor permita outra opción

3) Influirá na nota e poderase chegar a baixar ata -1.