UNIDADE 7 DESIGUALDADE E COOPERACIÓN

Preguntas Iniciais

1. Como é o acceso á vivenda en países desenvolvidos?

2. Que diferenza hai entre guerra e conflito armado?

3. Se hoxe en día se producen alimentos suficientes para soster a toda a poboación mundial, cales son as causas que explican a fame no mundo?

4. Que tipos de conflitos existen no mundo actual?

5. A pobreza fai que a atención sanitaria sexa deficiente en moitas rexións, pero hai outras causas. Explica cales son.

6. Que avances se conseguiron nos últimos anos relacionados co Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio dedicado a acabar coa fame?

7. Escribe verdadeiro ou falso.

  • A ausencia de seguridade cidadá non depende do factor xeográfico senón da percepción de seguridade.
  • A delincuencia é máis común en grandes cidades de países cun sistema xudicial corrupto e nas zonas onde se tolera o uso de armas de fogo.
  • A maioría dos atentados terroristas teñen lugar en Europa Central, Asia e Norte de África, aínda que poden afectar a calquera país do mundo.
  • As guerras civís prodúcense porque os gobernos non son capaces de garantir os servizos básicos á poboación nin de manter a paz dentro das súas fronteiras.

8. Por que o Produto Interior Bruto non reflicte a repartición da riqueza?

9. Como xorde a cooperación internacional?

10. Escribe tendo en conta o seguinte:

Verde: un continente co IDH baixo

Azul: un continente co IDH medio

Vermello: un continente co IDH alto
Amarelo: un continente co IDH moi alto

REMATEMOS COA DESIGUALDADE EXTREMA

AS NECESIDADES SANITARIAS E DE EDUCACIÓN

1. Define os seguintes conceptos relacionados coa saúde:

Epidemia:

Pandemia:

Antibióticos:

Sida:

Industria farmacéutica:

Cancro:

2. Tomando como referencia a imaxe da páx. 119, na que se ve un grupo de nenas na escola, fai unha reflexión sobre o difícil acceso á educación da muller nalgúns países do mundo.

VIOLENCIA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Buscar anuncios ou series de televisión que inciten á violencia e comentar que tipo de violencia representan.

PALABRAS CLAVE

Libre competencia

ONG

Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

FAO

VIH/SIDA

Patente

Guerra

Conflito armado

Tipos de Guerras (guerras entre estados/guerras civís/ Terrorismo)

Violencia e delincuencia

Feminicidio