PROGRAMACIÓN 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS- ROSA ROCA

UNIDADES DIDÁCTICAS DE TRABALLO/ SESIÓNS/AVALIACIÓNS

1ª Avaliación

Aval. Inicial + 

Unidade 1 A Terra e o Universo

            Tema 1 do libro- setembro e 1 semanas de outubro (6 sesións)

Unidade 2 O relevo e A auga da Terra

              Tema 2 O relevo

              Tema 3 As augas da Terra-Novembro (7 sesións)

Unidade 3 O Tempo e o Clima e As paisaxes da Terra

              Tema 4 O tempo e o clima

              Tema 5 O clima e as paisaxes da Terra

PROXECTO PAISAXES DA TERRA

Última semana de novembro e 1 semana de Nadal (7 sesións)

Unidade 4 Os Continentes

                    Tema 6 Os continentes

1 semana Nadal e 2 de xaneiro (8 sesións) rematar tema e avaliar na 2ª avaliación. 

2ª Avaliación

Unidade 5 O ser humano e o medio ambente

Tema 7 O ser humano e o medio ambiente

PROXECTO CANCIÓNS DENUNCIA

Última semana de xaneiro (3 sesións)

Unidade 6 Introdución ao estudo da historia

Apuntes e exercicios elaborados Proxecto.

1 semana febreiro (3 sesións)

Unidade 7 A prehistoria

Tema 9 A prehistoria Febreiro (7 sesións)

Unidade 8 Primeiras civilizacións

Tema 10 As primeiras civilizacións Marzo (6 sesións)

3ª Avaliación

Unidade 9 GRECIA

Unidade 10 ROMA

Unidade 11 A PREHISTORIA NA PENÍNSULA IBÉRICA


CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA DE CIENCIAS SOCIAIS

Procedementos e instrumentos para a avaliación continua:

- Traballos escritos ou en formato dixital.

- Caderno e portfolio do alumno/a.

- Traballo diario (exercicios e traballo na aula).

- Exames escritos*.

- Comportamento, actitude e esforzo.

*Haberá exame escrito unidade a unidade, ademais non necesariamente se realizarán exames de todos os temas, algúns avaliaranse por medio de traballo cooperativo ou outras actividades (fichas, traballos de investigación, presentacións dixitais, proxectos de comprensión).

SISTEMA DE CUALIFICACIÓN.

Estos son os aspectos que o profesor terá en conta para calificar académicamente:

  • Exames 70% 
  • Traballos e portfolio 30% 
  • Actitude Positiva/Negativa a nota calcularase en función dos positivos/negativos obtidos ao longo da avaliación. Esta nota non subirá nin baixará máis dun punto.

Se a nota final (contidos+ actitude) da como resultado un número decimal, esta aproximarase ao número enteiro correspondente. No caso de que a décima do resultado final (contidos + actitude) de como resultado 5, a aproximación dependerá da actitude: se é positiva aproximará ao enteiro superior e se é negativa aproximará ao inferior.

* A media das probas escritas (exames) deberá ser de 3,5 ou superior para poder facer media cos traballos e controis, que non deberá ser inferior a 4

* A media dos traballos e portfolio deberá ser de 4 ou superior para poder facer media coas probas escritas.

As cualificacións son tratadas a través dunha plataforma educativa. 

O cálculo da nota ponderada se realiza utilizando a seguinte fórmula: Nota Ex. 1* Valor Ex.1 + Nota Ex.2* Valor Ex.2 + ... / Valor Ex.1 + Valor Ex. 2... 

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN.

Dunha materia durante o ciclo ou curso. - 

Os alumnos que teñan pendente de recuperación algunha avaliación anterior (1ª ou 2ª) recibirán actividades extra de recuperación, que han de ser motivadoras, significativas e adaptadas ao modo de aprendizaxe de cada alumno, e que deben axudarlle a alcanzar os obxectivos. A realización das devanditas actividades, nos prazos e forma que se lle establezan, contará un 30 % da nota de recuperación, que se completará no 70 % restante coa nota obtida nunha proba obxectiva. - 

Aqueles alumnos que amosen grandes dificultades prepararán a materia realizando pouco a pouco as actividades propostas durante as horas de apoio.

 - A recuperación da 3ª avaliación será realizada xunto cos exames de recuperación finais de xuño. 

Avaliación ordinaria e extraordinaria

 Na avaliación ordinaria os alumnos poderán recuperar os contidos das avaliacións que teñen suspensa. Aqueles alumnos que non recuperen na avaliación ordinaria de xuño deberán presentarse de toda a materia no mes de setembro.

 Da materia pendente do curso anterior 

Os alumnos coa materia suspensa de cursos anteriores terán un material de reforzo facilitado polo profesor dos contidos traballados nos cursos anteriores. Estas actividades poderán ser realizadas na casa e entregadas ao profesor no prazo establecido para poder correxilo, ainda que é preferible que sexan realizadas no Colexio durante as horas de apoio do profesor da materia, para un mellor e cercano seguimento. Os alumnos contarán ademáis coa convocatoria extraordinaria que se estableza para a superación de obxectivos de materias pendentes de cursos anteriores. 


NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, CADERNOS (Portfolio) E EXAMES.

  • CADERNOS (Portfolio) E APUNTES

1) A presentación debe ser limpa e ordenada coidando marxes e separacións entre liñas, parágrafos e exercicios.

2) A escritura deberá ser clara e lexible.

3) Prestar especial atención a non cometer faltas de ortografía.

  • TRABALLOS

1) A presentación do traballo farase en folios brancos escritos a man ou en formato dixital segundo as consignas do profesor e as normas de presentación do caderno.

  • Os traballos deberán constar de:
  • Portada
  • Índice
  • Contido
  • Bibliografía /WEBGRAFÍA
  • Contraportada

3) En relación á escritura e ortografía, teranse en conta as normas anteriores.

4) Nos traballos non se admitirán abreviaturas nin "xergas".

  • EXAMES

NORMA

SANCIÓN

  • A presentación e escritura segundo as normas anteriores

1) Influirá na nota e poderase chegar a baixar ata -1

· Prestar especial atención a non cometer faltas de ortografía

2) En todas as áreas baixarase 0,1 por falta de ortografía ou acento ata un máximo de 1 punto, a excepción da lingua galega e castelá que terán un criterio especial.

3) Os exames deberán presentarse en bolígrafo azul ou negro a excepción daqueles nos que o profesor permita outra opción

3) Influirá na nota e poderase chegar a baixar ata -1.