PREPARA OS TEUS EXAMES DE SETEMBRO         1º/3º/4º XH e Filosofía (ESO)                                   

Día 3 Ciencias Sociais ás 10:30 h 

Día 4 Filosofía día 4 ás 13:30 h


Lugar: Aula de Historia 


1º ESO

CONTIDOS PARA PREPARAR O EXAME- Libro da editorial S.M.

(Tes vídeos e máis material para traballar cada Unidade se fas click no apartado 1º ESO Hipatía.)


  • Avaliación de Unidade 1 
  • Ud 01. A Terra: A Terra no sistema solar


  • Ud 01. A representación da Terra. Latitude e lonxitude
  • Avaliación de Unidade 2
  • Ud 02. Compoñentes básicos e formas de relevo: A orixe do relevo terrestre.
  • Ud 02. A estrutura interna da Terra.
  • Ud 02. As forzas de formación do relevo.
  • Ud 02. As formas do relevo.
  • Avaliación de Unidade 3
  • Ud 03. A composición do planeta.
  • Ud 03. Terras e mares.
  • Ud 03. As augas continentais.
  • Avaliación de Unidade 4
  • Ud 04. A atmosfera e os fenómenos atmosféricos.
  • Avaliación de Unidade 5
  • Ud 05. Medio físico: España, Europa e o mundo: relevo; hidrografía; clima: elementos e diversidade paisaxes; zonas bioclimáticas; medio natural: áreas e problemas medioambientais.
  • Avaliación de Unidade 6
  • Ud 06. Medio físico: España, Europa e o mundo: relevo; hidrografía; clima: elementos e diversidade de paisaxes; zonas bioclimáticas; medio natural: áreas e problemas medioambientais.
  • Avaliación de Unidade 7
  • Ud 07. Medio físico: España, Europa e o mundo: relevo; hidrografía; clima: elementos e diversidade de paisaxes; zonas bioclimáticas; medio natural: áreas e problemas medioambientais.
  • Ud 07. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Avaliación de Unidade 8
  • Ud 08. Medio físico: España, Europa e o mundo: relevo; hidrografía; clima: elementos e diversidade de paisaxes; zonas bioclimáticas; medio natural: áreas e problemas medioambientais.
  • Ud 08. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Avaliación de Unidade 9
  • Ud 09. A Prehistoria: A evolución das especies e a hominización
  • Ud 09. A periodización da Prehistoria.
  • Ud 09. Paleolítico: etapas; características das formas de vida: os cazadores-recolledores.
  • Ud 09. Neolítico: a revolución agraria e a expansión das sociedades humanas; sedentarismo; artesanía e comercio; organización social; aparición dos ritos: restos materiais e artísticos, pintura e escultura.
  • Avaliación de Unidade 10
  • Ud 10. A Historia Antiga: as primeiras civilizacións. Culturas urbanas. Mesopotamia e Exipto, sociedade economía. A aparición das primeiras civilizacións fluviais
  • Ud 10. A civilización mesopotámica.
  • Ud 10. Exipto, localización e trazos.
  • Avaliación de Unidade 11
  • Ud 11. O Mundo clásico, Grecia: as "polis" gregas, a súa expansión comercial e política. O imperio de Alexandre Magno e os seus sucesores: o helenismo. A arte, a ciencia, o teatro e a filosofía.
  • Avaliación de Unidade 12
  • Ud 12. O Mundo clásico, Roma: orixe e etapas da historia de Roma; a república e o imperio: organización política e expansión colonial polo Mediterráneo. O cristianismo.
  • Avaliación de Unidade 13
  • Ud 13. A cultura clásica: Grecia e Roma.

EXAME TIPO

1. Se quixeses representar o plano do teu cuarto con moito detalle, que escalas utilizarías: 1: 40 ou 1: 4 000? Xustifica a túa resposta.

2. Contesta ás seguintes preguntas:

• Os tres picos máis altos de Europa coa súa altitude.

• Tres cabos.

• Dous mares interiores.

Sinalar nun mapa

Gran Chaira Europea Cadea Penina Chaira Húngara

Montes Escandinavos Cordilleira Bética Chaira do Guadalquivir

Pireneos Montes Urais Cárpatos Cáucaso

Chairas

Macizos Montañosos e Mesetas

Cordilleiras novas

5· De que tipo de paisaxe se está falando?

  • Son de orixe natural, pero non hai moita vida nelas.
  • Organízanse arredor da actividade humana.
  • Son paisaxes onde é favorable o desenvolvemento dos solos, a vexetación e a fauna.

6. Cita os cinco trazos que caracterizan a Península Ibérica.

7. Explica en que dúas rexións se dividía Exipto.

8. De que outra maneira distinguían os exipcios o seu territorio? Que características tiñan?

7.   Como sabes ben, a democracia actual reparte o poder entre o executivo (dirixe o goberno diario), o lexislativo (aproba as leis) e o xudicial (imparte xustiza). Relaciona estes tres poderes coas institucións atenienses da época clásica, explicando por que é así.

9. Responde as preguntas.

a) Quen eran os etruscos?

b) Quereis etruscos coñeces?

c) Como se gobernaban os etruscos?

10. Marca o que se pode considerar o legado por parte da civilización romana.

O culto á deusa Cibeles.

Dereitos e deberes recollidos en leis.

O latín,do que derivan outros idiomas, como ogalego.

O cristianismo.

As loitas de gladiadores.

O urbanismo, por exemplo no deseño dase rúas principais.

Ilíada.

11. Explica a historia de Aquiles.

12. A que debe o seu nome a batalla de Maratón?

13. Anota se se trata dunha escala numérica ou gráfica en cada caso.

1: 200 000

___________ _______________

• Que dimensión se representa en cada unha?

14. Responde estas preguntas.

a) Como se chamaba o científico alemán que falou sobre o movemento dos continentes?

b) Que nome lle puxo á súa teoría?

c) En que se baseou para formular a súa teoría?

d) Séguense movendo os continentes ou están parados?

15. Une os conceptos coas súas definicións.

Están cerca dos continentes.

A súa profundidade é moi grande.

mar

Separan continentes.

océano

Son menos profundos.

Hainos litorais, continentais, interiores.

16. Localiza no mapa:

Océano Atlántico

Mar Mediterráneo

Mar Negro

Mar Caspio

Montes Urais

Montes Escandinavos

Gran Chaira Europea

Chaira de Europa Oriental

17. Rodea no mapa.

• Con vermello, dúasillas.

• Con verde, dúas penínsulas.

• Con azul, dúas cordilleiras novas.

18. Completa.

Os límites de Europa son:

Ao norte, _____________.

Ao sur, _______________.

Ao leste, ______________.

Ao oeste, _____________.

19. Escribe V se a afirmación é verdadeira e F se é falsa. Corrixe as falsas.

- Oceanía é máis grande que Europa.

- Europa está entre as zonas climáticas temperada e fría.

- Unha parte de Europa está no hemisferio norte e a outra no hemisferio sur.

- A altitude media do relevo de Europa é relativamente baixa.

- Europa só ten límites naturais.

- A costa europea é moi chá.

20. Explica en que se diferencia unha paisaxe natural dunha humanizada.

21. Responde estas preguntas.

a) Que significa que os primeiros homínidos eran bípedes?

b) Que importante consecuencia tivo o bipedismo?

c) Cita outras vantaxes que supuxo o bipedismo.

22. Escribe Verdadeiro ou Falso nestas afirmacións referidas ao Neolítico.

Nesta etapa comezou a domesticación dos animais.

Foi unha etapa que se prolongou durante 10 000 anos.

Os restos máis antigos atopáronse no chamado Crecente Fértil.

A poboación diminuíu vítima de pestes e guerras.

Os primeiros poboados creceron cerca dos ríos e en zonas fértiles.

Os seus habitantes non deixaron de vivir en covas e practicar o nomadismo.

23. A partir da imaxe, indica que grupos de poboación pertencían a cada chanzo da sociedade mesopotámica.

• Di unha característica que defina cada conxunto.


24. Completa a táboa.

Época arcaica

Época clásica

Época helenística

Data de inicio

Data de finalización

Anos que durou

Personaxes destacados

Feitos destacados

25. Contesta estas preguntas.

• Que era unha polis?

• Que trazos eran propios de cada polis e cales eran comúns?

26. Cita as principais actividades económicas desenvolvidas polos gregos e que produtos obtiñan.

27. Observa a imaxe e responde.

• Que representa?

• Quen fundou Roma segundoa lenda? Realmente foi así?

• En que século tivo lugar?

EXAME TIPO 

1. Sitúa correctamente o nome dos planetas do sistema solar. Di no nome do que atopamos entre o planeta 4 e o 5 (10 ptos)

2. Fai un debuxo no que sinales: Ecuador, Meridiano 0º , Trópico de Capricornio, Círculo Polar Ártico, Hemisferio Norte, Hemisferio Sur, Hemisferio Oriental e Hemisferio Occidental (10 ptos)

3. Responde as seguintes preguntas sobre os movementos terrestres. (10 ptos)

a. Como se chama o movemento da Terra arredor de sí mesma? Canto tarda en realizalo?

b. Cal é o principal efecto que xera a translación sobre a Terra?

4. Pescuda o concepto que se esconde detrás de cada afirmación. (10 ptos)

Lingua de mar que penetra na terra a través da desembocadura dun río: _____

Chaira extensa e elevada con respecto ao nivel do mar: _____

Desembocadura dun río formando acumulación de sedimentos: _____

Extensión de mar situada entre dous cabos: _____

Terreo plano situado entre a terra e o mar: ____

Superficie terrestre rodeada de auga: ___

5. Relaciona cada definición co concepto que corresponda. (10 ptos)

1. Fondo mariño formado por grandes chairas.

2. Cordilleira submarina situada na metade dos océanos.

3. Chaira inclinada que une o continente co fondo mariño.

4. Final da plataforma continental, coma un chanzo.

5. Gran depresión submarina próxima ao continente.

a) Fosa mariña

b) Talude continental

c) Chaira abisal

d) Plataforma continental

e) Dorsal oceánica

6. Une os conceptos coas súas definicións. (10 ptos)

Están cerca dos continentes.

mar

océano

Son menos profundos.

Hainos litorais, continentais, interiores.


7. Completa a seguinte táboa (10 ptos)

EUROPA

ASIA

ÁFRICA

AMÉRICA

OCEANÍA

Montes Urais

Montañas Rochosas

Península de Indostán

Val do Rif

Murray

8. Indica a que continente pertencen as seguintes unidades de relevo:(10 ptos)


Península de Kamchatka, Polinesia, Val do Rift, Península do Sinaí, Río Volga, Ebro, Meseta Central, Macizo Central francés, Amazonas, Titicaca

9. Localiza no mapa: (10 ptos

Océano Atlántico

Mar Mediterráneo

Mar Negro

Mar Caspio

Río Po

Montes Urais

Montes Escandinavos

Gran Chaira Europea

Chaira de Europa Oriental

Río Ebro

10. .Sitúa estes inventos e características en cada etapa. (10 ptos)

ferreiro ladrillos lume ferro

cerámica arado biface aixada

roda de pedra arpón murallas fouce

exército lascas mineiros vasillas barro

Paleolítico

Neolítico

Idade dos Metais

11. Sinala que importante feito permitiu que esas sociedades fluviais recibisen o nome de "históricas".(10 ptos)

• Nomea as diferentes escrituras que apareceron.

• Cita as catro primeiras civilizacións e os ríos onde se sitúan.

12. Contesta estas preguntas. (10 ptos)

• Que era unha polis?

• Que trazos eran propios de cada polis e cales eran comúns?


13. Explica por que os gregos fundaron colonias noutros lugares do Mediterráneo. (10 ptos)

14. .Indica o nome dos capiteis das seguinte columnas. Sinala cal é o capitel e as características que ten. Cómo se chama o máis simple de todos? (10 ptos)

15. Sinala se son V/F as seguintes frases sobre Roma: (10 ptos)

  • O Tribuno da Plebe representaba aos patricios
  • Os patricios eran parte das familias máis pobres de Roma
  • As Guerras Púnicas enfrontaron aos romanos con Cartago.
  • O Mediterráneo non era moi importante para os romanos.
  • Un lexionario era un membro do exército romano.

3º ESO

CONTIDOS PARA PREPARAR O EXAME - Libro da editorial S.M
  • Avaliación de Unidade 1

    • Ud 01. O espazo humano
    Avaliación de Unidade 2
    • Ud 02. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
    Avaliación de Unidade 3
    • Ud 03. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
    Avaliación de Unidade 4
    • Ud 04. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
    Avaliación de Unidade 5
    • Ud 05. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
    • Ud 05. Espazos xeográficos segundo actividade económica.
    • Ud 05. Os tres sectores. Impacto medioambiental e aproveitamento de recursos.
    Avaliación de Unidade 6
    • Ud 06. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
    Avaliación de Unidade 7
    • Ud 07. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
    Avaliación de Unidade 8
    • Ud 08. Áreas e problemas medioambientais.
    • Ud 08. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
    Avaliación de Unidade 9
    • Ud 09. Os descubrimentos xeográficos: Castela e Portugal. Conquista e colonización de América. As monarquías modernas. A unión dinástica de Castela e Aragón.
    Avaliación de Unidade 10
    • Ud 10. A Idade Moderna: o Renacemento e o Humanismo; o seu alcance posterior. A arte renacentista
    • Ud 10. As "guerras de relixión", as reformas protestantes e a contrarreforma católica.
    Avaliación de Unidade 11
    • Ud 11. Os descubrimentos xeográficos: Castela e Portugal. Conquista e colonización de América.
    • Ud 11. Os Austrias e as súas políticas: Carlos V e Filipe II. As "guerras de relixión", as reformas protestantes e a contrarreforma católica.
    • Ud 11. O século XVII en Europa. As monarquías autoritarias, parlamentarias e absolutas. A Guerra dos Trinta Anos. Os Austrias e as súas políticas: Filipe III, Filipe IV e Carlos II.
    Avaliación de Unidade 12

Arte do Barroco algún exemplo

Que é o Barroco?

Qué é o absolutismo? A figura de Luís XIV, "El Estado soy yo"

EXAME TIPO

1. Como xurdiu a idea de crear un Sistema de Información Xeográfica?

2. Enumera tres países que pertenzan á zona de maior desenvolvemento de actividades económicas e tres países que pertenzan ás zonas con menor desenvolvemento de actividade económica.

3. Que aspectos negativos ten o aumento da produción cárnica?

4. Por que se considera que reducir o consumo de materias primas é unha tendencia positiva en relación co medio ambiente?

5. España é unha das grandes potencias turísticas mundiais debido a:

a) O elevado nivel de vida da súa poboación que permite un desenvolvemento de infraestruturas de calidade e a promoción das administracións públicas, o clima e o patrimonio cultural.

b) O seu clima, o desenvolvemento das súas infraestruturas de calidade, o seu patrimonio cultural e natural, así como as súas praias.

c) O seu patrimonio cultural, artístico, natural, a mellora das súas infraestruturas e a ampliación da oferta de aloxamentos.

6. Explica a evolución da industria española.

7. Elixe a opción máis completa e correcta para definir a violencia no mundo.

a) A ausencia de seguridade cidadá afecta a nosa liberdade e integridade. Este problema ten un forte factor xeográfico e está moi influído polos conflitos armados ou guerras que padece.

b) A ausencia de seguridade cidadá afecta a nosa liberdade. Este problema ten un forte factor xeográfico e está moi influído pola desigual repartición da riqueza.

c) A ausencia de seguridade cidadá afecta a nosa liberdade e integridade. Este problema ten un forte factor xeográfico e está moi influído pola desigual repartición da riqueza.

d) A ausencia de seguridade cidadá afecta a nosa liberdade e integridade. Este problema ten un forte factor xeográfico e está moi influído pola desigual repartición da riqueza.

8. Se os gases de efecto invernadoiro se encontran de maneira natural na atmosfera e cumpren a función de manter unha temperatura adecuada no planeta, por que se consideran un elemento negativo para o planeta?

9. Como se organizaba o Estado dos Reis Católicos?

10. Completa esta táboa sobre a arquitectura no Quattrocento e o Cinquecento.

Quattrocento

Cinquecento

Características

Autores

Obras


11. Que revoltas se produciron a partir do ano 1640?


EXAME TIPO

1. Os mapas temáticos:

a) Conteñen símbolos e cores que serven para orientarnos mellor no espazo.

b) Poden ser, por exemplo, mapas topográficos ou de estradas.

c) Representan a distribución de distintos fenómenos no territorio.

2. O SIX é:

a) Sistema de Información Xeográfica que permite analizar e crear mapas.

b) Sistema de Información Xeográfica que permite analizar, crear, almacenar e mostrar datos xeográficos.

c) Sistema de Información Xeográfica que permite analizar, crear, almacenar e mostrar mapas e datos xeográficos.

3. Que factores están xerando a deforestación a escala mundial

4. Explica os distintos sistemas de cultivo.

5. Cales son as características do comercio interior en España

6. Enumera as causas da modernización da economía española

7. Que diferenza hai entre guerra e conflito armado?

8. Colorea seguindo estas indicacións.

  • Verde: un continente co IDH baixo
  • Azul: un continente co IDH medio
  • Vermello: un continente co IDH alto
  • Amarelo: un continente co IDH moi alto

9. Que cambios marcaron a transición entre a Idade Media e a Idade Moderna?

10. Que medidas tomaron os Reis Católicos para conseguir a unidade relixiosa?

11. Cales son as características do movemento cultural coñecido como humanismo?

12. Que é o Renacemento?

13. A defensa e ampliación das súas posesións e a protección do catolicismo levaron a Filipe II a enfrontarse a unha serie de conflitos. Describe os principais conflitos da política exterior de 

Filipe II.

14. Explica os principais trazos da política interior e exterior de Filipe IV.

15. Que é o Barroco?

16. A que chamamos absolutismo? Pon un exemplo de monarca absolutista.

17. Que significa a frase: " El Estado soy yo"

4º ESO HISTORIA

CONTIDOS PARA PREPARAR O EXAME - Libro da editorial S.M.

 Unidade 1 O Antigo Réxime e a Ilustración

 XHB1.1.1. Establece, a través da análise de textos, a diferenza entre o Absolutismo e o Parlamentarismo.

 XHB1.1.2. Distingue conceptos históricos como Antigo Réxime e Ilustración.

 XHB1.2.1. Describe as características da cultura da Ilustración e as implicacións que ten nalgunhas monarquías.

 XHB1.3.1. Aprecia os avances científicos e a súa aplicación á vida diaria, e contextualiza o papel dos científicos na súa propia época.

 XHB1.3.2. Comprende as implicacións do empiricismo e o método científico nunha variedade de áreas.

Unidade 2 As revolucións burguesas

 XHB2.1.1. Sopesa as razóns dos revolucionarios para actuar como o fixeron.

 XHB2.1.2. Recoñece, mediante a análise de fontes de diversas épocas, o valor destas non só como información senón tamén como evidencia para os/as historiadores/as.

 XHB2.2.1. Redacta unha narrativa sintética cos principais feitos dalgunha das revolucións burguesas da primeira metade do século XIX, acudindo a explicacións causais, e sinala os proles e os contras.

 XHB2.2.2. Redacta unha narrativa sintética cos principais feitos dalgunha das revolucións burguesas do século XVIII, acudindo a explicacións causais, e indica os proles e os contras.

 XHB2.2.3. Discute as implicacións da violencia empregando diversos tipos de fontes.

Unidade 3 A Revolución Industrial

 XHB3.1.1. Analiza os proles e os contras da primeira Revolución Industrial en Inglaterra. 

 XHB3.2.1. Analiza e compara a industrialización de diferentes países de Europa, América e Asia, nas súas distintas escalas temporais e xeográficas.

 XHB3.2.1. Compara o proceso de industrialización en Inglaterra e nos países nórdicos.

 XHB3.3.1. Explica a situación laboral feminina e infantil nas cidades industriais.

 XHB3.4.1. Especifica algunhas repercusións políticas como consecuencia dos cambios económicos en España.

 XHB3.5.1. Elabora un eixe cronolóxico, diacrónico e sincrónico, cos principais avances científicos e tecnolóxicos do século XIX. 

Unidade 4 As grandes potencias e o imperialismo e os inicios do Século XX

 XHB4.1.1. Explica razoadamente que o concepto imperialismo reflicte unha realidade que influirá na xeopolítica mundial e nas relacións económicas transnacionais.

 XHB4.1.2. Elabora discusións sobre eurocentrismo e a globalización.

 XHB4.2.1. Sabe recoñecer cadeas e interconexións causais entre colonialismo, imperialismo e a Gran Guerra de 1914.

 XHB4.3.1. Diferencia os acontecementos dos procesos, nunha explicación histórica, da I Guerra Mundial.

 XHB4.3.2. Analiza o novo

mapa político de Europa.

 XHB4.3.3. Describe a derrota de Alemaña desde a súa propia perspectiva e desde a dos aliados.

 XHB4.4.1. Contrasta algunhas interpretacións do alcance da Revolución Rusa na súa época e na actualidade.

 XHB4.5.1. Comenta analiticamente cadros, esculturas e exemplos arquitectónicos da arte do século XIX.

 XHB4.5.2. Compara movementos artísticos europeos e asiáticos.

Unidade 5 O período de entreguerras

 XHB5.1.1. Analiza interpretacións diversas de fontes históricas e historiográficas de distinta procedencia.

 XHB5.1.2. Relaciona algunhas cuestións concretas do pasado co presente e as posibilidades do futuro, como o alcance das crises financeiras de 1929 e de 2008.

 XHB5.1.3. Discute as circunstancias da loita polo sufraxio da muller.

 XHB5.2.1. Explica diversos factores que fixeron posible o auxe do fascismo en Europa.

 XHB5.3.1. Explica as principais reformas durante a II República española, e reaccións a elas.

 XHB5.3.2. Explica as causas da Guerra Civil española no contexto europeo e internacional.

Unidade 6 A II Guerra Mundial

 XHB6.1.1. Recoñece a xerarquía causal (diferente importancia dunhas causas ou outras segundo as narrativas).

 XHB6.2.1. Sitúa nun mapa as fases do conflito.

 XHB6.2.2. Dá unha interpretación de por que rematou antes a guerra europea que a mundial.

 XHB6.2.3. Elabora unha narrativa explicativa das causas e as consecuencias da II Guerra Mundial, a distintos niveis temporais e xeográficos.

 XHB6.3.1. Recoñece a significación do Holocausto na historia mundial.

Unidade 7 A Guerra Fría

 XHB6.4.1. Utilizando fontes históricas e historiográficas, explica algúns dos conflitos enmarcados na época da Guerra Fría.

 XHB6.4.2. Describe as consecuencias da guerra de Vietnam. XHB6.5.1. Describe os feitos relevantes do proceso descolonizador.

 XHB6.5.2. Distingue entre contextos diferentes do mesmo proceso, por exemplo, África subsahariana (anos 50 e 60) e a India (1947).

 XHB7.1.1. Explica os avances dos réximes soviéticos e do "Welfare State" en Europa.

 XHB7.1.2. Recoñece os cambios sociais derivados da incorporación da muller ao traballo asalariado.

 XHB7.2.1. Compara a crise enerxética de 1973 coa financeira de 2008.

 XHB7.3.1. Coñece a situación da posguerra e a represión en España, así como as fases da ditadura de Franco

 XHB7.3.2. Discute como se entende en España e en Europa o concepto de memoria histórica

Unidade 8 O mundo recente

 XHB8.1.1. Interpreta o renacemento e o declive das nacións no novo mapa político europeo desa época

 XHB8.1.2. Comprende os proles e contras do estado do benestar.

 XHB8.2.1. Analiza aspectos políticos, económicos e culturais dos cambios producidos tralo colapso da URSS.

 XHB8.3.1. Compara interpretacións sobre a Transición española nos anos setenta do século XX e na actualidade.

 XHB8.3.2. Enumera e describe algúns dos principais fitos que deron lugar ao cambio na sociedade española da transición: coroación de Xoán Carlos I, lei para a reforma política de 1976, lei de amnistía de 1977, apertura de Cortes Constituíntes, aprobación da Constitución de 1978, primeiras eleccións xerais, creación do Estado das autonomías, etc

 XHB8.3.3. Analiza o problema do terrorismo en España durante esta etapa (ETA, GRAPO, Terra Lliure, etc.): a xénese e a historia das organizacións terroristas, a aparición dos primeiros movementos asociativos en defensa das vítimas, etc.

 XHB8.4.1. Discute sobre a construción da Unión Europea e do seu futuro.

EXAME TIPO 4º ESO

1. Clasifica estes membros da sociedade nunha pirámide segundo pertenzan ao grupo dos privilexiados ou ao terceiro estado. (10 ptos)

gandeiros, clero, burgueses, oficiais do exército, comerciantes, agricultores, nobres, zapateiros, príncipes.

2. Completa este texto. (10 ptos)

Ao longo do século ____ apareceu un movemento que pretendía _________ o ser humano co ________ e que se opoñía ao ______ ________. A súa sé inicial estivo en ______ e despois estendeuse polo resto de Europa. A este movemento chamóuselle __________ e o século xviii coñécese como "o século _______".

3. Distingue as afirmacións verdadeiras e as falsas. Corrixe as falsas. (10 ptos)

a) O liberalismo sostiña que a soberanía reside no pobo.

b) A fisiocracia sinalaba que a fonte principal de riqueza era o comercio.

c) Os principios liberais defendían o poder absoluto do monarca.

d) Adam Smith era o principal referente do liberalismo económico.

e) Os liberais defendían a división de poderes.

f) O liberalismo era compatible coa monarquía.

4. Con que tipo réxime identificas este texto? Explica todo o que saibas del xustificando a túa resposta. (20 ptos)

«[...] unicamente ao príncipe lle incumbe velar polo benestar do pobo: a el competen os decretos e as ordenanzas.»

5. Responde as seguintes preguntas sobre este texto de Rousseau. (20 ptos)

"O principio fundamental de toda moral (...) é que o home é un ser naturalmente bo, que ama a xustiza e a orde; que non existe perversidade orixinal no corazón humano e que os instintos primarios da natureza son sempre xustos (...). Mostrei a maneira en que aqueles se xestan e seguín, por así dicilo, a súa xenealoxía, e demostrei como os homes se converten facilmente no que son pola alteración sucesiva da súa bondade orixinal."

ROUSSEAU, Jean-Jacques: Carta a Beaumont.

a) Que entende o autor por bondade natural?

b) Que outra obra de Rousseau coñeces?

c) Cita algún outro ilustrado que plantexe reformas liberais na política, explica a súa teoría.

Unidade 2 As grandes revolucións liberais

· Marca a resposta correcta en cada caso. (10 ptos)

A primeira Constitución redactada en España foi o:

30 de maio de 1814.

23 de abril de 1823.

19 de marzo de 1812.

A destitución do primeiro ministro Godoy foi consecuencia:

Do motín de Aranjuez.

Do alzamento do 2 e 3 de maio.

Do pacto de familia entre as monarquías francesa e española.

Napoleón cedeu a coroa española:

Ao fillo de Carlos IV, Fernando.

Ao seu irmán Xosé.

Ao xeneral Murat.

2. Explica as causas que motivaron a Revolución Francesa e expón brevemente os principais feitos ata 1791. (10 ptos)

3. Explica o Motín do Té de Boston. Cal foi a 1ª Constitución da Historia? E de España? (10 ptos)

4. Que diferenzas hai entre o sufraxio censatario e o sufraxio universal? (10 ptos)

2ª AVALIACIÓN

Sinala se os seguintes acontecementos corresponden á expansión dos Estados Unidos ou do Xapón. (10 ptos)

- Ocupación de Formosa e Corea.

- Ocupación do arquipélago de Hawai.

- Revolución Meiji.

- Derrota dos chineses en 1895.

- Doutrina Monroe.

- Dominio de Porto Rico e Filipinas en 1898.

- Dereito a intervir no Caribe e América do Sur.

- Derrota dos rusos en 1905.

· Sitúa estes datos nos diferentes factores que favoreceron a expansión colonial desde 1830. (Ou se prefires fai un Ishikawa das consecuencias da colonización no que os incorpores) (10 ptos)

• Obtención de materias primas.

• Racismo.

• Situación estratéxica dalgunhas colonias.

• Emigracións europeas cara a ultramar.

• Investimento de excedentes de capitais.

• Suposta superioridade da civilización occidental.

• Prestixio ao posuír colonias.

• Colonización de terras ocupadas por pobos indíxenas.

• Subministración de man de obra barata.

• Alxeria, Canadá, Australia, Cuba como receptoras de poboación.

Sitúa estes datos nos diferentes factores que favoreceron a expansión colonial desde 1830. (Ou se prefires fai un Ishikawa das consecuencias da colonización no que os incorpores) (10 ptos)

• Obtención de materias primas.

• Racismo.

• Situación estratéxica dalgunhas colonias.

• Emigracións europeas cara a ultramar.

• Investimento de excedentes de capitais.

• Suposta superioridade da civilización occidental.

• Prestixio ao posuír colonias.

• Colonización de terras ocupadas por pobos indíxenas.

• Subministración de man de obra barata.

• Alxeria, Canadá, Australia, Cuba como receptoras de poboación.

4. Resposta as seguintes preguntas (10 ptos)

Cales eran os principais Imperios Coloniais no século XIX, podes sinalar algunha posesión que tiveran?

Cales eran os 3 Imperios en decadencia?

Cales eran as dúas novas potencias non europeas que estaban comezando a aparecer?

5. Resposta ás seguintes cuestións: (10 ptos)

5.1 Clases sociais durante o século XIX

5.2 A que chamamos Estado de Benestar

5.3 Explica que dous ideoloxías estaban unidas na I Internacional.

5.4 Cita dous autores impresionistas. Explica que era a Escola de Chicago.

6. Responde. (10 ptos)

a) Explica a que se lle chamou a belle époque.

b) Que tempo abarcou a Paz Armada?

c) Coincidiron ambos os períodos?

7. Indica se os seguintes acontecementos da Primeira Guerra Mundial pertencen á guerra de movementos (M), guerra de posicións (P) e fase final (F). (10 ptos)

  • Paz de Brest-Litovsk.
  • Os Estados Unidos declaran a guerra a Alemaña.
  • Ataque alemán sobre Bélxica.
  • Apertura de novas frontes para romper o equilibrio existente.
  • Abdicación do káiser Guillerme II.
  • Estalido da Revolución rusa.
  • Última grande ofensiva alemá sobre Francia.
  • Plan para derrotar primeiro a Francia na fronte occidental.
  • Guerra submarina dos alemáns.
  • Consellos revolucionarios en Alemaña.
  • Entrada de Italia e Romanía na guerra.
  • Vitorias alemás na fronte oriental.

3ª AVALIACIÓN

1. Textos

Texto 1 (10 ptos)

«Creo que a campaña para asegurar de Alemaña o pago total do custo da guerra era un dos actos máis graves e de maior torpeza política dos que foron xamais responsables os nosos gobernantes. Que porvir tan distinto puidera ter esperado Europa... se comprendesen que o problema máis grave de todos os que reclamaban a súa atención non era político ou territorial, senón financeiro e económico, e que o perigo do porvir non está nas fronteiras nin na soberanía, senón no alimento, o carbón e o transporte?...

Así é que toda consideración científica da capacidade de Alemaña para pagar foi rexeitada desde o principio... Sobre unha base de tal falsidade foi imposible alimentar ningunha política financeira construtiva e realizable.»

J. M. Keynes: As consecuencias económicas da paz.

• A que obrigaron as potencias vencedoras a Alemaña?

• Que consecuencias tiveron no país xermano eses pagos?

• Tivo razón Keynes nas súas predicións? Cal foi o resultado final?

Texto 2 (10 ptos)

Palabras do ministro francés Aristide Briand:

«O Acordo de Locarno presenta a novidade de substituír o espírito de desconfianza por un espírito de solidariedade. E é por solidariedade humana que hai que facer que a guerra sexa imposible. Aí teño, diante de min, os delegados de Alemaña [...] e iso non quere dicir que eu non siga sendo un bo francés, como eles son, a bo seguro, uns bos alemáns. Pero é que aquí todos nós non somos máis que uns bos europeos.»

P. Limouzin: Textes et documents d'histoire.

a) Que países se citan no texto? Que relacións mantiveran ata entón?

b) Que palabras do fragmento reforzan a unión entre ambos os países?

c) Por que foron importantes os Acordos de Locarno?

b) Que permitiu o espírito de Locarno?

3. Os felices anos 20. Cita algúns cambios relacionados coa muller no referente á educación, o vestiario e o traballo (10 ptos)

4. Quen era Mussolini? e Hitler? (10 ptos)

Cuestión 1. Explica quenes foron as seguintes persoaxes: (10 ptos)

John Edgar Hoover:

Martin Luther King:

Richard Nixon:

Fidel Castro:

Mao Zedong:

Cuestión 2 Le o texto e responde as preguntas. (10 ptos)

Como ocorreu a invasión da baía de Cochinos? O 17 de marzo de 1960, o presidente Dwight D. Eisenhower ordenou á CIA que organizase "unha forza paramilitar apropiada" de exiliados cubanos para derrocar a Castro e ao seu réxime. Na súa última reunión con John F. Kennedy, Eisenhower urxiu ao presidente electo a lanzar o ataque contra Cuba.

Non creo que Kennedy emprendera o proxecto por si só. Allen W. Dulles, director da CIA, detectou escaso entusiasmo por parte do novo presidente e díxolle que non se preocupara. Asegurou a Kennedy que a invasión desencadearía levantamentos tras as liñas inimigas e desercións na milicia de Castro, e que, se as cousas saían mal, os invasores podían unirse facilmente á guerrilla anticastrista.

Fonte: Fragmento dun artigo de Arthur Schlesinger, Jr., un dos asistentes a unha reunión na Habana, para conmemorar o XL Aniversario de Baía de Cochinos.

https://elpais.com/diario/2001/04/08/domingo/986698005_850215.html

a) De que tema se fala?

b) A que presidentes dos Estados Unidos se nomea?

c) Cal era o obxectivo da invasión?

d) A que "punto quente" da Guerra Fría se refire?

Palabras Clave(10 ptos)

OTAN

Doctrina Truman

Metrópole

Conferencia de Bandung

Plan de estabilización

FILOSOFÍA

Unidade 1 De que trata a filosofía?

 FIB1.1.1. Define e utiliza conceptos como filosofía, mito, logos, saber, opinión, abstracto, concreto, razón, sentidos, arché, causa, monismo, dualismo, pluralismo, substancia ou prexuízo, e elabora un glosario con eles.

 FIB1.1.2. Distingue entre, coñecer, opinar, argumentar, interpretar, razoar, analizar, criticar, descubrir e crear.

 FIB1.2.1. Explica as diferenzas entre a explicación racional e a mitolóxica, en comparación tamén con algunhas características xerais das filosofías orientais.

 FIB1.2.2. Le textos interpretativos e descritivos da formación do Cosmos e o ser humano, pertencentes ao campo mitolóxico e ao campo racional, e extrae semellanzas e diferenzas nas formulacións.

 FIB1.3.1. Describe as primeiras respostas presocráticas á pregunta polo arché, coñece os seus autores e reflexiona por escrito sobre as solucións de interpretación da realidade expostas por Heráclito, Parménides e Demócrito.

 FIB1.4.1. Compara a interpretación do ser humano e a sociedade defendida por Sócrates coa exposta por Protágoras, e argumenta a súa propia postura.

 FIB1.5.1. Realiza pequenos ensaios, argumentando as súas opinións de xeito razoado, no que pretenda dar sentido a algún conxunto de experiencias.

 FIB1.6.1. Diserta sobre as posibilidades da filosofía segundo as  súas funcionalidades.

Unidade 2 Quen son eu?

 FIB2.1.1. Define e utiliza conceptos como personalidade, temperamento, carácter, conciencia, inconsciencia, condutismo, cognitivismo, psicoloxía humanística, psicanálise, e elabora un glosario con eses termos.

 FIB2.2.1. Define e caracteriza o que é a personalidade.

 FIB2.3.1. Coñece as teses fundamentais sobre a personalidade e argumenta sobre iso.

 FIB2.4.1. Le textos literarios nos que se analiza a personalidade dos personaxes, identifica os trazos e os tipos de personalidade, e reflexiona por escrito sobre a temática.

 FIB2.5.1. Analiza que se entende por inconsciente.

 FIB2.6.1. Le e analiza textos filosóficos, literarios ou científicos cuxo punto de reflexión sexa a herdanza adquirida na formación da personalidade, incidindo no autocoñecemento.

 FIB2.7.1. Investiga e selecciona información significativa sobre conceptos fundamentais de filosofía da mente.

 FIB2.8.1. Define e utiliza con rigor conceptos como motivación, emoción, sentimento, necesidades primarias e secundarias, autorrealización, vida afectiva e frustración.

 FIB2.9.1. Explica as teses máis importantes da teoría cognitiva acerca do coñecemento e a motivación.

 FIB2.10.1. Explica as ideas centrais da teoría humanística sobre a motivación e expresa a súa opinión razoada ao respecto.

 FIB2.10.2. Explica e compara a visión sobre a motivación da teoría cognitivista e a da teoría humanística sobre a motivación.

 FIB2.11.1. Analiza e argumenta sobre textos breves e significativos de autores salientables sobre as emocións, e argumenta por escrito as propias opinións.

 FIB2.12.1. Analiza textos e diserta sobre a incidencia das emocións, como a frustración, o desexo ou o amor, entre outras, na conduta humana.

 FIB2.13.1. Argumenta sobre o papel das emocións para estimular a aprendizaxe, o rendemento, o logro de obxectivos e a resolución de problemas, entre outros procesos.

 FIB2.14.1. Analiza textos en que se describe o papel das emocións como estímulo da iniciativa, a autonomía e o emprendemento.

FIB2.15.1. Desenvolve de forma colaborativa un glosario para publicar en internet, coa terminoloxía filosófica da unidade.

 FIB4.4.1. Identifica as dúas posibilidades de aplicación da racionalidade teórica e práctica.

 FIB4.5.1. Explica as teses centrais da teoría da intelixencia emocional.

 FIB4.5.2 Argumenta a relación entre a razón e as emocións.

Unidade 3 O ser humano

 FIB2.18.1. Explica a teoría da alma de Platón.

 FIB2.18.2. Explica a teoría da alma de Aristóteles.

 FIB2.18.3. Argumenta a súa opinión sobre a relación entre o corpo e a mente ou alma.

 FIB2.19.1. Explica o que é a introspección segundo Agostiño de Hipona, utilizando este tipo de pensamento en primeira persoa para describirse a si mesmo/a.

 FIB2.20.1. Expón o significado da tese de Descartes "Penso, logo existo".

 FIB2.21.1. Expón as súas reflexións sobre as implicacións do materialismo na súa descrición do ser humano.

 FIB2.22.1. Explica o que é a vontade.

 FIB2.20.1. Argumenta, desde o plano filosófico, sobre o papel das emocións na consideración do ser humano en canto tal.

 FIB2.21.1. Expresa e desenvolve a idea de home como proxecto.

Unidade 4 Buscando a verdade

FIB4.1.1. Define e utiliza conceptos como razón, sentidos, experiencia, abstracción, universalidade, sistematicidade, racionalismo, dogmatismo, empirismo, límite, intelixencia, intelixencia emocional, certeza e erro.

FIB4.1.2. Explica o que é a racionalidade e describe algunhas das súas características.

 FIB4.2.1. Explica a concepción sobre as posibilidades da razón.

 FIB4.3.1. Identifica as dúas posibilidades de aplicación da racionalidade: teórica e práctica.

 B4.5.1. Define algúns tipos de verdade, como son a verdade como correspondencia, a verdade segundo o pragmatismo americano e a verdade desde o perspectivismo.verdade desde o perspectivismo e o consenso) e reflexionar sobre a posibilidade de alcanzar a verdade absoluta.

 B4.5.2 Papel do erro na procura da verdade. O erro como oportunidade.

Unidade 5 Perdidos no Universo

 FIB5.1.1. Define e utiliza conceptos como metafísica, realidade, pregunta radical, esencia, natureza, cosmos, caos, creación, finalismo, continxente, mecanicismo e determinismo.

 FIB5.1.2. Define o que é a metafísica, o seu obxecto de coñecemento e o seu modo característico de preguntar sobre a realidade.

 FIB5.2.1. Expresa as dúas posibles respostas á pregunta pola orixe do Universo (é eterno ou foi creado), e expón as súas reflexións sobre as implicacións relixiosas e filosóficas de ambas as dúas.

 FIB5.2.2. Expón as dúas posturas sobre a cuestión acerca de se o Universo ten unha finalidade, unha dirección, ou se non a ten, e argumenta filosoficamente a súa opinión ao respecto.

 FIB5.2.3. Analiza textos cuxo punto de reflexión é a realidade física que nos rodea e os interrogantes filosóficos que suscita.

 FIB5.3.1. Define o que é o determinismo e o indeterminismo, no marco da reflexión sobre se existe unha orde no Universo rexida por leis.

 FIB5.4.1. Coñece as teses centrais do vitalismo de filósofos/as que reflexionan sobre a vida.

 FIB5.4.2. Analiza textos literarios, filosóficos e científicos que versan sobre temas metafísicos como a existencia, a morte, o devir histórico ou o lugar do individuo na realidade, e expón as súas propias reflexións ao respecto.

Unidade 6 Individuo, socialización e cultura

 FIB3.1.1. Define e utiliza conceptos como individualidade, alteridade, socialización, estado de natureza, dereitos naturais, contrato social, respecto, propiedade, Estado, lexitimación, institucionalización, rol, status, conflito e cambio social, e globalización.

 FIB3.2.1. Define e explica o significado dos conceptos de cultura e de sociedade, facendo referencia aos compoñentes socioculturais que hai no ser humano.

 FIB3.3.1. Expresa algúns dos principais contidos culturais, como son as institucións, as ideas, as crenzas, os valores, os obxectos materiais, etc.

 FIB3.3.2. Coñece os niveis aos que se realiza a internalización dos contidos culturais dunha sociedade; é dicir, a nivel biolóxico, afectivo e cognitivo.

 FIB3.4.1. Describe a socialización primaria e secundaria.

 FIB3.5.1. Explica as teses fundamentais sobre a orixe da sociedade e o Estado

Unidade 7 Sociedade e Estado

 . FIB3.6.1. Explica o que é unha civilización e pon exemplos fundamentados, e investiga e reflexiona sobre as semellanzas e as diferenzas entre oriente e occidente.

 FIB3.8.1. Explica o que é a comunicación e reflexiona sobre as vantaxes e os inconvenientes cando a ferramenta para ela son as novas tecnoloxías.

 FIB3.10.1. Reflexiona por escrito sobre o papel activo dun/dunha mesmo/a no seu contexto sociocultural, como ser capaz de innovar e xerar cambios culturais.

 FIB3.11.1. Coñece o relativismo cultural e o etnocentrismo, e reflexiona sobre eles, expresando conclusións propias e achegando exemplos con feitos investigados e contrastados en internet.

Unidade 8 Somos libres?

 FIB 5.7.1. Define o que é o determinismo e o indeterminismo, no marco da reflexión sobre se existe unha orde no Universo rexida por leis.

 FIB6.1.1. Define e utiliza conceptos como vontade, liberdade negativa, liberdade positiva, autodeterminación, libre albedrío, determinismo, indeterminismo e condicionamento.

 FIB6.1.2. Analiza textos breves sobre o tema da liberdade, e argumenta a propia opinión.

 FIB6.2.1. Explica o que é o libre albedrío e a facultade humana da vontade.

 FIB6.3.1. Expón as súas reflexións sobre a posibilidade de que exista ou non o libre albedrío, tendo en conta os avances no coñecemento da xenética e a neurociencia.

 FIB6.4.1. Argumenta sobre as posibilidades do ser humano de actuar libremente, tendo en conta que é un ser natural.

 FIB6.6.1. Expresa diferentes posturas de filósofos en torno ao tema da liberdade.

Unidade 9 A aventura da creatividade

 FIB6.6.1. Define e utiliza conceptos como estética, creatividade, sinapse neuronal, imaxinación, pensamento diverxente, pensamento converxente e serendipia.

 FIB6.7.1. Le e comenta textos breves e significativos sobre o mecanismo de aparición de ideas novas.

 FIB6.7.2. Explica o que é a imaxinación e exemplifícaa mediante a redacción de relatos breves de temática filosófica.

 FIB6.8.1. Analiza textos de literatura fantástica, considerando os elementos especificamente creativos e reflexionando sobre eles.

 FIB6.9.1. Analiza textos de literatura fantástica, considerando os elementos especificamente creativos e reflexionando sobre eles.

 FIB6.10.1. Explica as fases do proceso creativo.

 FIB6.10.2 Explica as principais técnicas de desenvolvemento da creatividade.

 FIB6.11.1. Utiliza a técnica de desenvolvemento da creatividade coñecida como de revisión de supostos e inversión, e aplícaa sobre algunha teoría filosófica ou científica.

 FIB6.11.2. Explica as principais técnicas de desenvolvemento da creatividade.

 FIB6.12.1. Utiliza de forma colectiva a técnica do brainstorming para reflexionar sobre temas filosóficos tratados durante o curso.

 FIB6.13.1. Argumenta sobre o papel da liberdade como condición fundamental para a creación, e razoa a súa opinión.

 FIB6.14.1. Explica as características das persoas especialmente creativas e algunhas das formas en que pode potenciarse esta condición.

 FIB6.15.1. Argumenta sobre a importancia de asumir riscos e saír da chamada zona de confort para alcanzar metas e lograr resultados creativos e innovadores.

EXAME TIPO FILOSOFÍA

1. Explica que significa FILOSOFÍA e o contexto histórico no que nace a filosofía. (10 ptos)

2. Explica: SOFISTAS, ESTOICOS, RACIONALISMO, CARPE DIEM, CONFUCIONISMO (10 ptos)

3. Explica a diferenza entre monismo e pluralismo e pon un exemplo de cada respecto da pregunta polo elemento primixenio da natureza. (10 ptos)

4. Cales foron os dous filósofos máis importantes da Idade Media? Que pretendían demostrar? (10 ptos)

5. Explica o significado da seguinte frase "Sólo sei, que non sei nada". De quen é? Que libro escribiu este autor? (10 ptos)

6. Explica a teoría de Empédocles e indica como foi superada pola física moderna. A que pregunta filosófica quería respostar? A que outra teoría se asemella máis a física moderna. (10 ptos)

7. Resposta as seguintes cuestión: (10 ptos)

a) De onde ven a palabra "persoa"

b) Que é a personalidade?

c) Cita os compoñentes da personalidade

8.- Cita son os elementos da personalidade para Freud? (10 ptos)

9.- Que é a Intelixencia emocional? Quen a enunciou e en quen se baseou? (10 ptos)

10.- Indica 3 rasgos da túa personalidade propios do temperamento e tres do carácter. (10 ptos)

-----------------------------------

1. Que dous elementos están implicados na acción de coñecer. (10 ptos)

2. Que é a APREHENSIÓN (10 ptos)

3. Que dous termos empregamos para o estudo do coñecemento, indica que estuda cada un (10 ptos)

4. Cales son os dous tipos de coñecemento para Parmenides(10 ptos)

5. Cita dous luces e dúas sombras da razón(10 ptos)

6. Explica as diferentes teorías que encontramos respecto á verdade. (10 ptos)

7. Que é unha TAUTOLOXÍA, pon un exemplo(10 ptos)

8. Que é a metafísica? Procedencia do termo. Cales son as características da metafísica.(10 ptos)

9. Explica a teoría do caos. Cal é o outro nome que ten?

-------

1. Que dous motivos poden levar ao ser humano a ser social? (10)

2. Sinala os compoñentes da comunicación. (10)

3.En que se diferenza a acción social estratéxica da comunicativa? (10)

4. Explica unha teoría natural e outra contractual do concepto de Estado. (10)

5. Explica a teoría de Habermas. Explica a teoría de Rousseau. (10)

6. Escribe V/F e corrixe os erros (10 ptos)

6 .1. Os primeiros filósofos que reflexionaron sobre a idea de liberdade foron os estoicos.

6. 2. Un filósofo estoico foi Aristóteles.

6. 3. O ideal estoico era aceptar que todo o exterior a un mesmo está nas mans do destino.

6. 4. O contrario de determinismo é indeterminismo.

6. 5. Para Kant unha antinomia consta de tese e antítese.

6. 6. Habermas fala de liberdade dialóxica.

6. 7. A crítica de Hegel a Kant leva á distinción entre liberdade externa e interna.

6. 8. Marx dicía que a economía era o único motor da vida.

6. 9. Gadamer non lle da importancia a liberdade experiencial

6. 10. Para Aristóteles as acción poden ser: voluntarias, involuntarias e mixtas.

6. 11. O libre albedrío supón non tomar nunca decisión baseadas na razón.

6. 12. Na Antiga Grecia os seres humanos tiñan a crenza de non poder enfrontarse contra o seu destino.

6. 13. Os estoicos pensaban que só podía ser libre o home sabio.

6. 14. A dignidade non é un valor absoluto.

7. Algúns tipos de liberdade son (MARCAR AS CORRECTAS): (10 ptos)

A liberdade de expresión, a relixiosa, a de reunión ou asociación e a de movemento ou residencia.