UNIDADE 7 PREHISTORIA

Que temos que saber ao rematar a unidade?

Estándares de aprendizaxe

  • XHB3.6.1. Recoñece os cambios evolutivos ata chegar á especie humana.
  • XHB3.7.1. Distingue etapas dentro da historia antiga.
  • XHB3.8.1. Realiza diversos tipos de eixes cronolóxicos e mapas históricos.
  • XHB3.9.1. Explica a diferenza entre os dous períodos en que se divide a prehistoria e describe as características básicas da vida en cada un.
  • XHB3.9.2. Analiza a transcendencia da revolución neolítica e o papel da muller nela.
  • XHB3.10.1. Recoñece as funcións dos primeiros ritos relixiosos como os da "deusa nai".

INTRODUCIÓN Á HISTORIA

Ola chicos e chicas!

Imos repasar uns conceptos cunha presentación da profesora Rosa Liarte

Podemos ir abrindo boca coa película de Tadeo Jones, como vedes a Historia está en todas partes!!!!

Comezamos !

Teorías da Evolución

A historia de Lucy

Actividade Motivacional. A cova de Altamira

Altamira película con Antonio Banderas

Actividade de razoamento. Darwin vs. Wallace

Investigamos a EXCALIBUR, Atapuerca

A orixe do home

Tadeo Jones ensinache ATAPUERCA

Aventuras de ESCOLAPIOS en Atapuerca nos pasados cursos...

A viaxe dos nosos antepasados dende África

INVESTIGAMOS

PALEOLÍTICO

1. Que significa o termo Paleolítico?

2. Canto durou?

3. Que 3 etapas podemos coñecer dentro do Paleolítico?

4. Busca en Internet o significado do termo ECONOMÍA

5. Que tipo de economía tiñan os homes do Paleolítico?

6. Que significa que os homes do Paleolítico eran nómades?

7. Era fácil a supervivencia neses tempos?

8. Que hominido se pensa que descobreu o lume?

9. Cal era a Tecnoloxía do Paleolítico?

10. Pensas co home do Paleolítico consideraba a posibilidade da vida despois da morte? Que evidencias podes sinalar?

11. O home do Paleolítico era artísta? En que basas a túa resposta?

12. Busca imaxes da arte rupestre e explica as súas características.

NEOLÍTICO

1. Que significa a palabra Neolítico?

2. Cal foi o cambio fundamental que aconteceu no Neolítico?

3. Que tipo de economía tiñan os homes do Neolítico? Por que lle chamamos así?

4. A que chamamos Oriente Próximo? Que aconteceu nese ámbito xeográfico?

5. Por que chamamos a esa zona "Creciente fértil"? Dende onde a onde se extendía?

6. Explica as principais actividades do Neolítico. 

IDADE DOS METAIS

ARTE RUPESTRE

ALTAMIRA-Na cornisa Cantábrica

CHICOS E CHICAS!

REMATAMOS CUN RESUMO DO PASO DOS PRIMEIROS HOMÍNIDOS POLA PENÍNSULA IBÉRICA E REPASAMOS E ORDEAMOS AS IDEAS RESPECTO DA ARTE DA PREHISTORIA CO RESUMO ENTREGADO EN CLASE

A PREHISTORIA NA PENÍNSULA IBÉRICA

A península Ibérica foi un lugar moi destacadao durante a Prehistoria grazas a súa situación xeográfica, que lle permitiu acoller os primeiros homínidos que chegaron desde África a Europa.

RESTOS DE HOMINIDOS NA PENÍNSULA IBÉRICA

1º Restos do PALEOLÍTICO

Hai aproximadamente un millón de anos

PALEOLÍTICO INFERIOR

Os restos óseos máis antigos- XACEMENTO DE ATAPUERCA-BURGOS

Homo antecessor

PALEOLÍTICO MEDIO

(100.000a. C-40.000 a. C

Glaciación

Homo Neanderthalensis

PALEOLÍTICO SUPERIOR (40.000 a. C -5000 a. C)

Homo Sapiens- Especie da cal procedemos

Convive co Homo Neanderthalensis (no 30.000 a. C desapareceu)

2º HOMO SAPIENS

Vivía en covas, que decoraba con pinturas, cunha finalidade MÁXICO-RELIXIOSA-PINTURAS RUPESTRES

A ARTE NA PREHISTORIA

PALEOLÍTICO PINTURAS RUPESTRES- A tamaño real. Bisontes, mamuts. Cores bermello e negro.

EXEMPLO: ALTAMIRA-CANTABRIA (Santillana del Mar)

NEOLÍTICO PINTURAS LEVANTINAS- Máis esquematizadas, xa non debuxan a tamaño real.

Esceas de caza e recolección

CERÁMICA-CERÁMICA CARDIAL-Decorada con cunchas mariñas. EMPREGÁBANSE CUNCHAS PARA FACER A DECORACIÓN

IDADE DOS METAIS

Idade do Cobre-3000 a. C

CULTURA DOS MILLARES -ALMERÍA

Poboado fortificado construído xunto uns xacementos de cobre.

CERÁMICA CAMPANIFORME

Idade do Bronce-1.800 a.C

CULTURA DE EL ARGAR-ALMERÍA

Megalitos e ricos enterramentos

Arquitectura Megalítica-TALAYOTS

Idade do Ferro

Culturas: CELTAS, FENICIAS E GREGAS-METALURXIA DO FERRO-ESCRITURA

OUTRO TIPO DE ARTE NA PREHISTORIA

VENUS Estatuíllas cos órganos sexuais moi esaxerados, asóciase á fertilidade e a beleza feminina

PETROGLIFOS Incisións nas rocas

MEGALITOS

Arte con grandes pedras

MENHIR

CRÓMLECH

DOLMEN, ANTA OU MÁMOA

TUMBA DE CORREDOR-Formada por máis dun dolmen

PREPARO O CONTROL DA PREHISTORIA

1. Cantas etapas ten a prehistoria? Fai un eixe cronolóxico

2. Que é un Paleontólogo? e un arqueólogo?

3. Que é un fósil?

4. Que é unha fonte histórica?

5. A que etapa da historia pertence o estudo da civilización grega?

6. Que etapa da historia comeza co descubrimento de América?

7. Di un acontecemento histórico da Idade Contemporánea.

8. A caída do Imperio romano sinala o paso da Idade Antiga a Idade ....

9. Onde se cree que apareceu o home primitivo?

10. A que chamamos Hominización?

TRABALLO DE ATAPUERCA

ACTIVIDADES

Fai click na palabra actividades. Resposta as seguintes preguntas no teu caderno.

· Elixe entre as seguintes opcións cal é o tema principal da investigación.

  • Excalibur é unha ferramenta moi antiga da historia da humanidade.
  • Excalibur é o primeiro obxecto simbólico da historia da humanidade.
  • Excalibur está composta dun material típico da serra de Atapuerca.
  • Excalibur é unha das moitas pezas de industria lítica achadas no xacemento de Atapuerca.

[Determinación do tema]

· Fai un texto composto de : imaxe, título e descrición. Na última parte, identifica as seguintes ideas co parágrafo no que aparezan:

Idea

Parágrafo

Unha ferramenta de pedra con nome de espada.

Unha machada de man encontrada despois de centos de miles de anos.

A cuarcita de cor vermella non é un material propio da serra de Atapuerca.

[Identificar a estrutura do texto, crear un texto con estrutura]

· Cal é o nome do xacemento no que se encontrou Excalibure e quen dirixe o equipo de arqueólogos?

[Localización de información explícita]

· Cantos fósiles humanos se exhumaron ata o momento na "Sima de los Huesos"?

[Localización de información explícita]

· Excalibur é a única peza de industria lítica achada ata o de agora neste xacemento, no que se exhumaron ata hoxe máis de 5.000 fósiles humanos.

Cal das seguintes acepcións do dicionario da Real Academia Galega para a palabra exhumar encaixa mellor co texto?

exhumar

verbo transitivo

1 Sacar [un corpo ou restos humanos] da súa sepultura.

2 Sacar da terra [unha cousa que estaba debaixo dela].

3 Sacar á luz ou pór de manifesto [algo que estaba oculto ou esquecido].

[Inferencia do significado de palabras ou expresións]

· Que ten de orixinal o nome da peza con respecto ao resto de pezas encontradas ata o momento?

[Localización de información explícita]

· Tampouco son numerosas noutros xacementos de idade equivalente da serra de Atapuerca (...) Por cal das seguintes palabras podes substituír a palabra equivalente sen cambiar o significado do texto?

· Semellante.

· Idéntica.

· Superior.

· Diferente.

[Inferencia do significado de palabras ou expresións]

· Que tres elementos fan pensar aos investigadores que Excalibur é o primeiro obxecto simbólico da historia da humanidade?

[Inferencia da relación entre datos e ideas]

· Excalibur é a primeira ferramenta da historia da humanidade que se enterrou como ofrenda xunto a un ou varios cadáveres humanos. Cal das seguintes interpretacións cres que fan de Excalibur unha peza tan importante?

  • Poida que esteamos ante os primeiros humanos capaces de decorar as súas tumbas.
  • Poida que esteamos ante os primeiros humanos capaces de tallar pezas con tanta precisión.
  • Poida que esteamos ante os primeiros humanos conscientes da diferenza entre a vida e a morte.

[Reflexionar sobre o contido]

· Dada a natureza simbólica da peza, os investigadores déronlle o nome de Excalibur, por que? De a descubrires ti, que nome lle darías?

[Reflexionar e opinar]

© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar