Unidade 3 O tempo e o Clima. As paisaxes da Terra (unidades 4,5 do libro)

PROXECTO DE COMPRENSIÓN

"TERRA, O NOSO PLANETA"

Que tedes que saber?

  • XHB1.9.1. Clasificar e localizar nun mapa os tipos de clima de Europa.
  • XHB1.9.2. Distinguir e localizar nun mapa as zonas bioclimáticas do noso continente.
  • XHB1.10.1. Localizar nun mapa e en imaxes de satélite de Europa os principais espazos naturais.

Cales son os climas que existen na Terra e onde se localizan xeográficamente?

Cómo inflúen os climas sobre os ríos, a vexetación e a vida das persoas?

Por qué é necesario valorar a diversidade de paisaxes terrestres como algo que é preciso conservar ?


Actividades preliminares-Competencias: Lingüístico-verbal e Intrapersoal

1ª tarefa-Globo terráqueo. Realización de globo coa sinalización dos principais tipos de clima que existen na terra. (Comprensión e asimilación/Caderno).

Tarefas centrais

2ª tarefa- Competencias: Visual espacial, Lingüístico- verbal, Lógico- Matemática e Intrapersoal

Realización dun cadro resume individual dos diferentes tipos de clima. Cabezas numeradas, cada membro do grupo especialízase nun clima.

Posta en común

3ª tarefa Mapa coloreado sobre os climas da terra.

Cada membro do grupo realizará un mapa dun tipo de clima. Despois entre todos os membros do grupo realizarán un mapa en conxunto no que reflexen os mapas traballados individualmente.

Resumo individual e exposición de conclusións no grupo

Revisión tarefa /Revisión por grupos/Valoración da exposición-Caderno

4ª tarefa Realización da ficha dos climas da terra, a vexetación no mundo e un climograma (libro)

Fotografías do traballo realizado

 neste proxecto

ESTACIÓN METEREOLÓXICA


En grupo:

1º Tedes que darlle nome á vosa estación metereolóxica.

2º Explicar que compoñentes teríamos que ter no caso de creala.

3º Explicar algúns datos relevantes de cada instrumento metereolóxico.

4º Explicar de onde provén a palabra metereoloxía.

5º Recoller as ideas traballadas na clase no teu caderno.

© 2016-24  Rosa González Roca. 
Última actualización 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar