PROGRAMACIÓN 1º ESO CIENCIAS SOCIAIS- ROSA ROCA

UNIDADES DIDÁCTICAS DE TRABALLO/ SESIÓNS/AVALIACIÓNS

1ª Avaliación

Aval. Inicial +Unidade 1

A Terra e o Universo setembro e 1 semana de outubro (6 sesións)

Unidade 2 O relevo/ A auga da Terra Outubro (8 sesións)

Unidade 3 O Tempo e o Clima /As paisaxes da Terra Novembro (8 sesións)

Unidade 4 Os continentes/ O ser humano e o medio ambente Novembro e semana de Nadal

(11 sesións)

2ª Avaliación

Unidade 5 Introdución ao estudo da historia 1 semana xaneiro (3 sesións)

Unidade 6 A prehistoria Xaneiro e Febreiro (8 sesións)

Unidade 7 Primeiras civilizacións Marzo (9 sesións)

Unidade 8 Grecia Abril (10 sesións)

3ª Avaliación

Unidade 9 Roma Maio (10 sesións)

Unidade 10 Península Ibérica na Antigüidade Xuño (4 sesións)


CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA DE CIENCIAS SOCIAIS

Procedementos e instrumentos para a avaliación continua:

- Traballos escritos ou en formato dixital.

- Caderno e portfolio do alumno/a.

- Traballo diario (exercicios e traballo na aula).

- Exames escritos*.

- Comportamento, actitude e esforzo.

*Haberá exame escrito tema a tema, ademais non necesariamente se realizarán exames de todos os temas, algúns avaliaranse por medio de traballo cooperativo ou outras actividades (fichas, traballos de investigación, presentacións dixitais, proxectos de comprensión).

SISTEMA DE CUALIFICACIÓN.

Estos son os aspectos que o profesor terá en conta para calificar académicamente:

  • Exames ou proxectos .................................................................. 5 sobre 10
  • Traballos-Portfolio-Comprensión de textos ........................................ 3 sobre 10
  • Caderno - actividades de aula ........................................................2 sobre 10

Non se fará media con menos de 3 nalgunha das partes.

O portfolio entregarase de xeito obrigatorio no prazo estipulado pola profesora. Non se recollerán traballos nin portfolio fora de prazo.

No caso de non presentar algún traballo dos indicados pola profesora o alumno levará un 1 nesa calificación.

As cualificacións son tratadas a través dunha plataforma educativa. O cálculo da nota ponderada se realiza utilizando a seguinte fórmula: Nota Ex. 1* Valor Ex.1 + Nota Ex.2* Valor Ex.2 + ... / Valor Ex.1 + Valor Ex. 2...

En canto ó comportamento, o interese, o esforzo e actitude a nota numérica do alumno variará conforme ó seguinte baremo: por cada negativo en exercicios, material ou interese e esforzo descontarase 0,1 e por cada falta de orde (comportamento) descontarase 0,2. O alumno ten asímesmo a posibilidade de obter positivos (+0,1) que poderán mellorar a súa nota académica.

Se un alumno suspende na media final da avaliación, queda a criterio da profesora, tendo en conta por suposto os motivos, se ten que recuperar a parte teórica, a parte práctica ou as dúas. No caso de ter unha parte aprobada pode ser conservada para a recuperación na avaliación. Para iso o alumno ten que ter unha nota dun 5 ou superior nunha das partes.

No caso dun alumno coa materia aprobada en ambas partes mais que suspenda polo reconto de negativos terá que realizar o exame de recuperación e entregar a parte práctica para poder recuperar a materia.

Os negativos e positivos estarán recollidos por data no Educamos e no caderno do profesor.

NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, CADERNOS (Portfolio) E EXAMES.

  • CADERNOS (Portfolio) E APUNTES

1) A presentación debe ser limpa e ordenada coidando marxes e separacións entre liñas, parágrafos e exercicios.

2) A escritura deberá ser clara e lexible.

3) Prestar especial atención a non cometer faltas de ortografía.

  • TRABALLOS

1) A presentación do traballo farase en folios brancos escritos a man ou en formato dixital segundo as consignas do profesor e as normas de presentación do caderno.

  • Os traballos deberán constar de:
  • Portada
  • Índice
  • Contido
  • Bibliografía /WEBGRAFÍA
  • Contraportada

3) En relación á escritura e ortografía, teranse en conta as normas anteriores.

4) Nos traballos non se admitirán abreviaturas nin "xergas".

  • EXAMES

NORMA

SANCIÓN

  • A presentación e escritura segundo as normas anteriores

1) Influirá na nota e poderase chegar a baixar ata -1

· Prestar especial atención a non cometer faltas de ortografía

2) En todas as áreas baixarase 0,1 por falta de ortografía ou acento ata un máximo de 1 punto, a excepción da lingua galega e castelá que terán un criterio especial.

3) Os exames deberán presentarse en bolígrafo azul ou negro a excepción daqueles nos que o profesor permita outra opción

3) Influirá na nota e poderase chegar a baixar ata -1.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN.

Dunha materia durante o ciclo ou curso.

Ao rematar a 1ª e a 2ª avaliación terá lugar un exame de recuperación ou un traballo de investigación para aqueles alumnos que non superen os obxectivos nos exames ordinarios. Tendo en conta a parte ou partes que teñen suspensas da materia.

A recuperación da 3ª avaliación será realizada xunto cos exames de recuperación finais de xuño. A recuperación de xuño será por avaliacións.

Aqueles alumnos que non recuperen en xuño deberán presentarse a toda a materia no mes de setembro.

De materias pendentes doutros ciclos ou cursos.

Exame ordinario en xaneiro e extraordinario en setembro. Haberá unha clase semanal de apoio na tarde dos mércores onde se poderán facer exercicios de reforzo e resolver dúbidas. Entregarase aos alumnos suspensos un traballo de reforzo para tratar de recuperar canto antes a materia.