PREPARA OS TEUS EXAMES DE SETEMBRO

1º ESO

CONTIDOS PARA PREPARAR O EXAME- Libro da editorial S.M.

(Tes vídeos e máis material para traballar cada Unidade se fas click no apartado 1º ESO Hipatía.)


Avaliación de Unidade 1

  • Ud 01. A Terra: A Terra no sistema solar
  • Ud 01. A representación da Terra. Latitude e lonxitude

Avaliación de Unidade 2

  • Ud 02. Compoñentes básicos e formas de relevo: A orixe do relevo terrestre.
  • Ud 02. A estrutura interna da Terra.
  • Ud 02. As forzas de formación do relevo.
  • Ud 02. As formas do relevo.

Avaliación de Unidade 3

  • Ud 03. A composición do planeta.
  • Ud 03. Terras e mares.
  • Ud 03. As augas continentais.

Avaliación de Unidade 4

  • Ud 04. A atmosfera e os fenómenos atmosféricos.

Avaliación de Unidade 5

  • Ud 05. Medio físico: España, Europa e o mundo: relevo; hidrografía; clima: elementos e diversidade paisaxes; zonas bioclimáticas; medio natural: áreas e problemas medioambientais.

Avaliación de Unidade 6

  • Ud 06. Medio físico: España, Europa e o mundo: relevo; hidrografía; clima: elementos e diversidade de paisaxes; zonas bioclimáticas; medio natural: áreas e problemas medioambientais.

Avaliación de Unidade 7

  • Ud 07. Medio físico: España, Europa e o mundo: relevo; hidrografía; clima: elementos e diversidade de paisaxes; zonas bioclimáticas; medio natural: áreas e problemas medioambientais.
  • Ud 07. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.

Avaliación de Unidade 8

  • Ud 08. Medio físico: España, Europa e o mundo: relevo; hidrografía; clima: elementos e diversidade de paisaxes; zonas bioclimáticas; medio natural: áreas e problemas medioambientais.
  • Ud 08. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.

Avaliación de Unidade 9

  • Ud 09. A Prehistoria: A evolución das especies e a hominización
  • Ud 09. A periodización da Prehistoria.
  • Ud 09. Paleolítico: etapas; características das formas de vida: os cazadores-recolledores.
  • Ud 09. Neolítico: a revolución agraria e a expansión das sociedades humanas; sedentarismo; artesanía e comercio; organización social; aparición dos ritos: restos materiais e artísticos, pintura e escultura.

Avaliación de Unidade 10

  • Ud 10. A Historia Antiga: as primeiras civilizacións. Culturas urbanas. Mesopotamia e Exipto, sociedade economía. A aparición das primeiras civilizacións fluviais
  • Ud 10. A civilización mesopotámica.
  • Ud 10. Exipto, localización e trazos.

Avaliación de Unidade 11

  • Ud 11. O Mundo clásico, Grecia: as "polis" gregas, a súa expansión comercial e política. O imperio de Alexandre Magno e os seus sucesores: o helenismo. A arte, a ciencia, o teatro e a filosofía.

Avaliación de Unidade 12

  • Ud 12. O Mundo clásico, Roma: orixe e etapas da historia de Roma; a república e o imperio: organización política e expansión colonial polo Mediterráneo. O cristianismo.

Avaliación de Unidade 13

  • Ud 13. A cultura clásica: Grecia e Roma.

EXAME TIPO


1. Se quixeses representar o plano do teu cuarto con moito detalle, que escalas utilizarías: 1: 40 ou 1: 4 000? Xustifica a túa resposta.


2. Contesta ás seguintes preguntas:

• Os tres picos máis altos de Europa coa súa altitude.

• Tres cabos.

• Dous mares interiores.


Sinalar nun mapa

Gran Chaira Europea Cadea Penina Chaira Húngara

Montes Escandinavos Cordilleira Bética Chaira do Guadalquivir

Pireneos Montes Urais Cárpatos Cáucaso

Chairas

Macizos Montañosos e Mesetas

Cordilleiras novas


3· De que tipo de paisaxe se está falando?

  • Son de orixe natural, pero non hai moita vida nelas.
  • Organízanse arredor da actividade humana.
  • Son paisaxes onde é favorable o desenvolvemento dos solos, a vexetación e a fauna.

4. Cita os cinco trazos que caracterizan a Península Ibérica.

5. Explica en que dúas rexións se dividía Exipto.

6. De que outra maneira distinguían os exipcios o seu territorio? Que características tiñan?

7.   Como sabes ben, a democracia actual reparte o poder entre o executivo (dirixe o goberno diario), o lexislativo (aproba as leis) e o xudicial (imparte xustiza). Relaciona estes tres poderes coas institucións atenienses da época clásica, explicando por que é así.

8. Responde as preguntas.

a) Quen eran os etruscos?

b) Quereis etruscos coñeces?

c) Como se gobernaban os etruscos?

12. Marca o que se pode considerar o legado por parte da civilización romana.

O culto á deusa Cibeles.

Dereitos e deberes recollidos en leis.

O latín,do que derivan outros idiomas, como ogalego.

O cristianismo.

As loitas de gladiadores.

O urbanismo, por exemplo no deseño das rúas principais.

Ilíada.


13. Anota se se trata dunha escala numérica ou gráfica en cada caso.

1: 200 000

___________ _______________

• Que dimensión se representa en cada unha?


14. Responde estas preguntas.

a) Como se chamaba o científico alemán que falou sobre o movemento dos continentes?

b) Que nome lle puxo á súa teoría?

c) En que se baseou para formular a súa teoría?

d) Séguense movendo os continentes ou están parados?


15. Une os conceptos coas súas definicións.

Están cerca dos continentes.

A súa profundidade é moi grande.

mar

Separan continentes.

océano

Son menos profundos.

Hainos litorais, continentais, interiores.



16. Localiza no mapa:

Océano Atlántico

Mar Mediterráneo

Mar Negro

Mar Caspio

Montes Urais

Montes Escandinavos

Gran Chaira Europea

Chaira de Europa Oriental


17. Rodea no mapa.

• Con vermello, dúasillas.

• Con verde, dúas penínsulas.

• Con azul, dúas cordilleiras novas.


18. Completa.

Os límites de Europa son:

Ao norte, _____________.

Ao sur, _______________.

Ao leste, ______________.

Ao oeste, _____________.


19. Escribe V se a afirmación é verdadeira e F se é falsa. Corrixe as falsas.

- Oceanía é máis grande que Europa.

- Europa está entre as zonas climáticas temperada e fría.

- Unha parte de Europa está no hemisferio norte e a outra no hemisferio sur.

- A altitude media do relevo de Europa é relativamente baixa.

- Europa só ten límites naturais.

- A costa europea é moi chá.

20. Explica en que se diferencia unha paisaxe natural dunha humanizada.

21. Responde estas preguntas.

a) Que significa que os primeiros homínidos eran bípedes?

b) Que importante consecuencia tivo o bipedismo?

c) Cita outras vantaxes que supuxo o bipedismo.

22. Escribe Verdadeiro ou Falso nestas afirmacións referidas ao Neolítico.

Nesta etapa comezou a domesticación dos animais.

Foi unha etapa que se prolongou durante 10 000 anos.

Os restos máis antigos atopáronse no chamado Crecente Fértil.

A poboación diminuíu vítima de pestes e guerras.

Os primeiros poboados creceron cerca dos ríos e en zonas fértiles.

Os seus habitantes non deixaron de vivir en covas e practicar o nomadismo.

23. A partir da imaxe, indica que grupos de poboación pertencían a cada chanzo da sociedade mesopotámica.

• Di unha característica que defina cada conxunto.


24. Completa a táboa.

Época arcaica

Época clásica

Época helenística

Data de inicio

Data de finalización

Anos que durou

Personaxes destacados

Feitos destacados

25. Contesta estas preguntas.

• Que era unha polis?

• Que trazos eran propios de cada polis e cales eran comúns?

26. Cita as principais actividades económicas desenvolvidas polos gregos e que produtos obtiñan.

27. Observa a imaxe e responde.

• Que representa?

• Quen fundou Roma segundoa lenda? Realmente foi así?

• En que século tivo lugar?

3º ESO

CONTIDOS PARA PREPARAR O EXAME - Libro da editorial S.M.

  • Avaliación de Unidade 1

  • Ud 01. O espazo humano
  • Avaliación de Unidade 2

  • Ud 02. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Avaliación de Unidade 3

  • Ud 03. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Avaliación de Unidade 4

  • Ud 04. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Avaliación de Unidade 5

  • Ud 05. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Ud 05. Espazos xeográficos segundo actividade económica.
  • Ud 05. Os tres sectores. Impacto medioambiental e aproveitamento de recursos.
  • Avaliación de Unidade 6

  • Ud 06. Actividades humanas: áreas produtoras do mundo. Sistemas e sectores económicos. Espazos xeográficos segundo actividade económica. Os tres sectores. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Avaliación de Unidade 7

  • Ud 07. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Avaliación de Unidade 8

  • Ud 08. Áreas e problemas medioambientais.
  • Ud 08. Aproveitamento e futuro dos recursos naturais. Desenvolvemento sustentable.
  • Avaliación de Unidade 9

  • Ud 09. Os descubrimentos xeográficos: Castela e Portugal. Conquista e colonización de América. As monarquías modernas. A unión dinástica de Castela e Aragón.
  • Avaliación de Unidade 10

  • Ud 10. A Idade Moderna: o Renacemento e o Humanismo; o seu alcance posterior. A arte renacentista
  • Ud 10. As "guerras de relixión", as reformas protestantes e a contrarreforma católica.
  • Avaliación de Unidade 11

  • Ud 11. Os descubrimentos xeográficos: Castela e Portugal. Conquista e colonización de América.
  • Ud 11. Os Austrias e as súas políticas: Carlos V e Filipe II. As "guerras de relixión", as reformas protestantes e a contrarreforma católica.
  • Ud 11. O século XVII en Europa. As monarquías autoritarias, parlamentarias e absolutas. A Guerra dos Trinta Anos. Os Austrias e as súas políticas: Filipe III, Filipe IV e Carlos II.

EXAME TIPO

1. Como xurdiu a idea de crear un Sistema de Información Xeográfica?

2. Enumera tres países que pertenzan á zona de maior desenvolvemento de actividades económicas e tres países que pertenzan ás zonas con menor desenvolvemento de actividade económica.

3. Que aspectos negativos ten o aumento da produción cárnica?

4. Por que se considera que reducir o consumo de materias primas é unha tendencia positiva en relación co medio ambiente?

5. España é unha das grandes potencias turísticas mundiais debido a:

a) O elevado nivel de vida da súa poboación que permite un desenvolvemento de infraestruturas de calidade e a promoción das administracións públicas, o clima e o patrimonio cultural.

b) O seu clima, o desenvolvemento das súas infraestruturas de calidade, o seu patrimonio cultural e natural, así como as súas praias.

c) O seu patrimonio cultural, artístico, natural, a mellora das súas infraestruturas e a ampliación da oferta de aloxamentos.

6. Explica a evolución da industria española.

7. Elixe a opción máis completa e correcta para definir a violencia no mundo.

a) A ausencia de seguridade cidadá afecta a nosa liberdade e integridade. Este problema ten un forte factor xeográfico e está moi influído polos conflitos armados ou guerras que padece.

b) A ausencia de seguridade cidadá afecta a nosa liberdade. Este problema ten un forte factor xeográfico e está moi influído pola desigual repartición da riqueza.

c) A ausencia de seguridade cidadá afecta a nosa liberdade e integridade. Este problema ten un forte factor xeográfico e está moi influído pola desigual repartición da riqueza.

d) A ausencia de seguridade cidadá afecta a nosa liberdade e integridade. Este problema ten un forte factor xeográfico e está moi influído pola desigual repartición da riqueza.

8. Se os gases de efecto invernadoiro se encontran de maneira natural na atmosfera e cumpren a función de manter unha temperatura adecuada no planeta, por que se consideran un elemento negativo para o planeta?

9. Como se organizaba o Estado dos Reis Católicos?

10. Completa esta táboa sobre a arquitectura no Quattrocento e o Cinquecento.

Quattrocento

Cinquecento

Características

Autores

Obras


11. Que revoltas se produciron a partir do ano 1640?


EXAME TIPO

1. Os mapas temáticos:

a) Conteñen símbolos e cores que serven para orientarnos mellor no espazo.

b) Poden ser, por exemplo, mapas topográficos ou de estradas.

c) Representan a distribución de distintos fenómenos no territorio.


2. O SIX é:

a) Sistema de Información Xeográfica que permite analizar e crear mapas.

b) Sistema de Información Xeográfica que permite analizar, crear, almacenar e mostrar datos xeográficos.

c) Sistema de Información Xeográfica que permite analizar, crear, almacenar e mostrar mapas e datos xeográficos.


3. Que factores están xerando a deforestación a escala mundial?


4. Explica os distintos sistemas de cultivo.


5. Cales son as características do comercio interior en España?


6. Enumera as causas da modernización da economía española.


7. Que diferenza hai entre guerra e conflito armado?


8. Colorea seguindo estas indicacións.

  • Verde: un continente co IDH baixo
  • Azul: un continente co IDH medio
  • Vermello: un continente co IDH alto
  • Amarelo: un continente co IDH moi alto

9. Que cambios marcaron a transición entre a Idade Media e a Idade Moderna?


10. Que medidas tomaron os Reis Católicos para conseguir a unidade relixiosa?


11. Cales son as características do movemento cultural coñecido como humanismo?


12. Que é o Renacemento?


13. A defensa e ampliación das súas posesións e a protección do catolicismo levaron a Filipe II a enfrontarse a unha serie de conflitos. Describe os principais conflitos da política exterior de 

Filipe II.


14. Explica os principais trazos da política interior e exterior de Filipe IV.