PREPARANDO REVALIDA DE 4º ESO, PREGUNTAS TIPO

1. Distingue as afirmacións verdadeiras e as falsas.

a) O liberalismo sostiña que a soberanía reside no pobo.

b) A fisiocracia sinalaba que a fonte principal de riqueza era o comercio.

c) Os principios liberais defendían o poder absoluto do monarca.

d) Adam Smith era o principal referente do liberalismo económico.

e) Os liberais defendían a división de poderes.

f) O liberalismo era compatible coa monarquía



2. Marca cun X as decisións que tomou a Asemblea Nacional en 1789.

Nomear a Robespierre líder da revolución.

Aprobar a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán.

Proclamar a abolición da sociedade estamental.

Establecer un novo calendario revolucionario.

Redactar a Constitución civil do clero.

Invadir os países limítrofes para exportar a revolución.

Firmar a paz con Inglaterra.

Adoptar o lema "liberdade, igualdade, fraternidade".



3. Marca segundo corresponda.

Si

Non

España era un país eminentemente agrario nos inicios da Revolución Industrial.

Entre 1830 e 1860 a industrialización concentrouse no téxtil e no ferro.

Os principais núcleos industriais eran Galicia, Biscaia e Cartaxena.

A configuración da liña férrea foi concéntrica, con Cádiz como centro.

A partir de 1868 a maior parte das grandes cidades españolas estaban conectadas por ferrocarril.

Cara a 1855 a rede ferroviaria contaba con miles de quilómetros.



Sinala se os seguintes acontecementos corresponden á expansión dos Estados Unidos ou do Xapón.


- Ocupación de Formosa e Corea.

- Ocupación do arquipélago de Hawai.

- Revolución Meiji.

- Derrota dos chineses en 1895.

- Doutrina Monroe.

- Dominio de Porto Rico e Filipinas en 1898.

- Dereito a intervir no Caribe e América do Sur.

- Derrota dos rusos en 1905.



5. Contesta as preguntas relacionadas co texto.

«O Goberno provisional non ten poder real de ningunha clase, e as súas ordes aplícanse só na medida en que o permite o Soviet de deputados de traballadores e soldados. Este último controla as forzas máis esenciais do poder, pois as tropas, os ferrocarrís e os servizos postais e telegráficos están nas súas mans. Pódese afirmar con franqueza que o Goberno provisional existe só na medida en que llo permite o Soviet.»

Carta de Aleksandr Guchkov

en Orlando Figes: A revolución rusa (1891-1924).

• En que época se sitúa o texto?

• Que é o Soviet? Quen o integraban?

• Quen controlaba realmente o poder segundo Guchkov?

• Quen ocupaba a presidencia do Goberno provisional?

Explica coas túas palabras por que estalou a crise de 1929.



7. Le o seguinte fragmento e responde as preguntas.

«Todo aquilo do que gozamos agora na civilización humana, todas as realizacións da arte, da ciencia e da técnica, son case exclusivamente os froitos do xenio creador ario. O que permite concluír que el só é o fundador dunha humanidade superior e que, por iso, representa o prototipo do que entendemos por "ser humano".

Os pobos morren non só porque perden guerras, senón porque perden esa forza de resistencia que só pode dar un sangue puro. Todos os que, neste mundo, non son dunha raza pura, non son máis que refugallos.»

Adolf Hitler: A miña loita.

• Quen era Adolf Hitler?

• Que defende neste texto?

• De que xeito se traduciu esa visión da raza aria no Goberno nacionalsocialista?

9. Define estes termos en relación coa ditadura franquista.

• Nacionalcatolicismo

• Leis Fundamentais

• Sindicatos verticais

• Cortes españolas



10. Sinala que características das que se indican eran propias do Antigo Réxime.

a) A primacía do sector servizos.

b) Unha sociedade dividida en estamentos.

c) Un goberno parlamentario.

d) Un poder absoluto do monarca.

e) A mobilidade social.

f) Unha economía sustentada nas actividades agrarias.

g) O ascenso ao poder do terceiro estado.

h) A existencia dunha Constitución.

i) A autoridade dos mestres antigos.



11. Completa este texto.

Ao longo do século ____ apareceu un movemento que pretendía _________ o ser humano co ________ e que se opoñía ao ______ ________. A súa sé inicial estivo en ______ e despois estendeuse polo resto de Europa. A este movemento chamóuselle __________ e o século xviii coñécese como "o século _______".



12. Clasifica estes membros da sociedade segundo pertenzan ao grupo dos privilexiados ou ao terceiro estado.

gandeiros, clero, burgueses, oficiais do exército, comerciantes, agricultores, nobres, zapateiros, príncipes.

Grupos privilexiados

Terceiro estado



13. Marca a resposta correcta en cada caso.

Os dous piares nos que se baseaba o pensamento ilustrado eran:

A razón e o espírito crítico.

O empirismo e os textos antigos.

A razón e a autoridade do monarca.

Os monarcas déspotas ilustrados mostraron un grande interese pola modernización:

Social e política.

Económica e cultural do país.

Cultural e social dos estamentos.

O liberalismo político tiña como fundamento:

A división da sociedade en estamentos.

O mantemento dunha clase privilexiada.

A separación de poderes.



14· Con que doutrina relacionas o seguinte lema: "todo para o pobo pero sen o pobo"? Razoa a túa resposta.



15· Cita, polo menos, unha obra de cada un destes pensadores ilustrados.

Denis Diderot

Jean Jacques Rousseau

Barón de Montesquieu

Voltaire

Jean le Rond d'Alembert

Bieito Xerome Feijóo


16· Completa o esquema sobre a división de poderes.




17. Marca cales destes monarcas eran déspotas ilustrados.

Carlos III de España

Catarina II de Rusia

Carlos V de España

Henrique VIII de Inglaterra

Federico II de Prusia

Luís XIII de Francia



18· En que dous países de Europa comezou o parlamentarismo?



19. Explica que sucedeu nestas datas en España.

1700:

1701-1713:

1713-1714:



20. Clasifica os seguintes personaxes segundo fosen defensores do Antigo Réxime ou partidarios da Ilustración.

Pedro Rodríguez de Campomanes, Luís XIV, Gaspar Melchor de Jovellanos, Jacques-Bénigne Bossuet, James Cook, Filipe V de Borbón, Padre Feijóo, barón de Montesquieu, Pablo Antonio José de Olavide.



21· Explica que medidas tomaron os Borbóns españois nestes campos para mellorar a situación de España.

Agricultura

Vías de comunicación

Comercio

Industria



22. Cita que queixas, pretensións ou resentimentos tiñan as seguintes potencias:

- Alemaña:


- Francia:

- Rusia:

- Austria-Hungría:

- Italia e Xapón:




23. Explica que feito serviu de detonante para o estalido da Primeira Guerra Mundial. Ante ese acontecemento, como reaccionou Austria-Hungría?



24. Ordena cronoloxicamente estes acontecementos.

  • Segunda crise marroquí
  • Anexión de Bosnia e Herzegovina por parte de Austria
  • Primeira guerra balcánica
  • Revolución dos bóxeres na China
  • Guerra ruso-xaponesa
  • Formación da Tripla Entente
  • Creación da Tripla Alianza
  • Domingo Sanguento en Rusia

25· Cita que tres grandes crises houbo antes de 1914 e que puideron desembocar no estalido da Gran Guerra.