PORTFOLIOS  1º ESO

Como facer un portafolio en Ciencias Sociais?

1º PRESÉNTATE !

Podes empregar algunha destas plantillas, escolle unha a imprimes, a pegas no teu portfolio e escribes sobre ti.

Fíxate no exemplo!

RUBRICA PARA AVALIAR O PORTFOLIO DE CIENCIAS SOCIAIS

PORTADA (2 ptos)

Inclúe nome do autor, institución e curso.

Inclúe título sugerente na portada.

Considera data e lugar

CONTIDO (2 ptos)

O contido do portfolio é congruente cos contidos das leccións ou coas tarefas do curso.

O obxectivo representa a aprendizaxe obtida e a razón pola cal se estructuran desa forma as evidencias.

EVIDENCIAS (2 ptos)

Inclúe todos os tipos de evidencias: palabras clave, estratexias, resumes, mapas mentais, etc.

As evidencias amosan os avances nas aprendizaxes esperadas.

ORGANIZACIÓN e Uso das Tics (2 ptos)

Todos os documentos constan de encabezados claros, limpos e son explicativos.

ORTOGRAFÍA e WEBGRAFÍA (2 ptos)

O portafolio de evidencias está elaborado sen errores ortográficos.

Criterio de avaliación escala de 1 a 10. 

Cada apartado vale 2 puntos.

2º Comeza a traballar!

PORTFOLIO 1ª AVALIACIÓN

Prazo de entrega: 

Tema 1

1. Que aprendiche?

2. Que che resultou máis dificil e porque?

3. Escolle 3 ideas centrais do tema, explicalas e aporta evidencias.

4. Fai o esquema que ven ao final do tema, engádelle debuxos ou imaxes.


Temas 2

1. Fotocopia un planisferio físico mudo e sinala as principais unidades de relevo que traballamos nesta unidade.

2. Pega unha fotografía das principais partes dun río.

3. Fai un esquema dos tipos de mares e pon exemplos.


Temas 3 e 4

1. Explica no teu portfolio a diferenza entre tempo e clima, pon exemplos.

2. Fai un mapa mental dos climas da terra.

3. Por último engádelle debuxos e imaxes da estación metereolóxica da que falaches cos teus compañeiros.