Libros recomendados 

Las narices de los filósofos. Carlos Goñi

El mundo de Sofía

PORTFOLIO DE FILOSOFÍA

"Caderno de Bitácora"

Indicaciones para non perderse:

Os alumnos traballarán en grupo base cooperativo e deberán completar ao longo do curso unhas fichas dos filósofos traballados no libro  "EL MUNDO DE SOFÍA" . Jostein Gaarder

Escoller catro dos filósofos dos que aparecen no libro de filosofía. 

Tamén exporán os autores traballados  de forma personal na aula.

O formato é flexible aínda que incluirá os seguintes aspectos:

1. Nome do filósofo completo, data de nacemento e morte, lugares principais nos que naceu e viviu. 

2. Imaxe/foto/caricatura do filósofo.

3. Ideas fundamentais do autor. 

4. Adxudicar unha película ou unha canción moderna ao citado filósofo e xustificar a resposta.

5. Buscar un texto do filósofo, copialo no Portfolio e analizar as ideas fundamentais dos mesmos.

6. Explicar 3 cousas que di o filósofo que son verdadeiras e 3 cousas que son erróneas. 

A ficha ocupará dúas carillas do folio por autor como máximo.

Respetaranse as normas de presentación de traballos.

Realizarán un autor por alumno cada trimestre. 

Ao finalizar o trimestre entregarase ao profesor para a súa corrección na data que se indique.

Exposición na clase

Cada alumno falará  do autor elixido (non se poden repetir autores) .

Escoitarase a canción ou un trozo da película (máximo 5 minutos) adxudicada ao filósofo.

A presentación terá que ser dixital.

Non poderá durar a exposición máis de 15-20 minutos.

Prazo de presentación: 8 de marzo