Como podo presentar o meu portfolio? 

14.11.2016

Para realizar o portfolio de Historia de 4º ESO, tedes que realizar ou un blog ou presentar o voso caderno. Puntuarase a edición dixital cun 1 pto máis polo tempo engadido que pode levar.

Unidade 1 O Antigo Réxime

Tarefa 1: Crear un diccionario de palabras clave da unidade 1 con imaxes. Mínimo de 20 palabras.

Tarefa 2: Crear un banco de imaxes do Neoclasicismo que conteña como mínimo: nome da obra, autor, ano de realización, explicación da obra e onde se atopa na actualidade. Mínimo 7 cadros.

Este traballo é voluntario, máis debe respectar as normas de entrega de traballos. Prazo de entrega: 5 de decembro.

Unidade 2 A revolución francesa.

Tarefa 1 Mapa mental da Revolución francesa coas principais etapas e acontecementos (fotografía subida ao blog) ou empregar programa dixital para facer mapas mentais (MindMeister ou iMindMap de Tony Buzan)

Tarefa 2 Eixe cronolóxico do século XVIII e XIX que inclúa: Revolución francesa, Napoleón, Restauración, Revolucións liberais do século XIX incluíndo a aparición dos Nacionalismos. Que apareza a Revolución Industrial.

Tarefa 3 Escoller un invento da Revolución Industrial e explicar a súa importancia.

Tarefa 4 Cronoloxía dos principais acontecementos en España no século XIX especialmente durante o reinado de Isabel II

Prazo de entrega: 13 de marzo