3º ESO THE CITY CLASS

Actividade Inicial Curso 2017-18:

Parte A

A xira musical

O teu grupo favorito vai emprender unha xira por España. Tes que organizar un itinerario e vos poñen as seguintes condicións:

1ª Serán 10 concertos en 20 días.

2ª Cada un nunha Comunidade Autónoma diferente.

3º Ningún deles pode estar nin na capital de provincia nin na capital da Comunidade Autónoma.

4º Un deles ten que facerse nas illas.

Produtos finais que tedes que presentar:

CADRO SINTESE CONCERTOS

Indica presentando un cadro onde van a actuar e marca a ruta que deberán seguir no mapa.

Data /Cidade de Actuación / Provincia/  Comunidade Autónoma

DISEÑO DA PUBLICIDADE, cartel anunciador da xira indicando o grupo, con fotografía e deseño gráfico (investigar que é o deseño gráfico e para que serve.)

Rúbrica de avaliación

Cumprense todas as condicións da xira 4 ptos, restarase 1 pto por cada condición que non se cumpra.

Presentación das actividades de xeito correcto e sen faltas de ortografía 4 ptos, restarase un pto por cada 2 faltas ou por mala presentación.

Deseño innovador e creatividade 2 ptos.

Parte B

Traballo en grupo base cooperativo.

* De que dous tipos de mapas (cartas) fala?

* Cal distorsiona máis á realidade?

* Que problemas presenta isto?

* Que significa a palabra etnocentrismo? Que consecuencias ten esta maneira de pensar?

* Podes poñer algún exemplo no que o teu pensamento sexa etnocéntrico?